COMEZAMOS CON MÚSICA

Este curso 2018-19 dende Normalización Lingüística queremos facer un traballo cos nosos artistas musicais favoritos. Cada semana pincharemos no fío musical do colexio a música que máis nos gusta para así facer a entrada e saída máis amena. En outubro imos comezar cos seguintes artistas: Queen, Ariadna Grandes e Rozalén. Expoñeremos no taboleiro de entrada de Educación Infantil e Primaria os nosos traballos. Comezarán os alumnos de 6º de EP elexindo os seus temas favoritos. Irémosvos informando puntualmente dos artistas que estamos a traballar. Esperamos que o disfrutedes tanto coma nós.