A FUGA

Por fin chegou o día! O EDLG e o Equipo de Biblioteca estivemos moito tempo preparando este momento: a representación de "A fuga", escrita e dirixida por Carmen Blanco. Esta obra obtivo o premio de teatro infantil da Asociación Cultural O Facho e está publicada pola editorial Embora.

"A fuga" conta as aventuras de Monti e Pina, un hámster e un esquío que conviven nunha gaiola. É unha historia moi fermosa onde a amizade triunfa por encima dos intereses persoais dos seus protagonistas.

O personaxe de Monti, neste caso, foi interpretado por Carmen Blanco e, Pina, por Tania Villamarín. Carmen é escritora directora e actriz, en series como "Matalobos" e "Serramoura"; e Tania ven de participar en series como "El Ministerio del Tiempo".

Na presentación veredes imaxes da actuación e o atentos e atentas que estivemos todos.

Moitísimas grazas por vir!