3º curso

Obradoiros do ANPA curso 2018 - 19

Benvidos a un novo curso no CEIP Ponte de Xuvia!!

Coezamos o curso con moita enerxía e moitas ganas de aprender e, para dar un bo comezo ao curso, a xente do ANPA convidounos a participar nos seus obradoiros máis interesantes, os cales estaban dirixidos aos seguintes temas:

Animación á lectura

Cociña

Creatividade

Premendo en cada imaxe poderedes ver un vídeo de cada unha delas.

Agardamos que vos gusten tanto coma a nós.

Festival de fin de curso

Xa rematou o curso e os pais e nais da ANPA organizaron unha estupenda festa na que o pasamos pipa e puidemos disfrutar xogando xuntos antes das tan ansiadas vacacións de verán. Houbo xogos, merenda, música, baile e, sobre todo, moita diversión. Premendo na imaxe veredes un vídeo desta festa.

Agardamos que o próximo curso sexa polo menos tan interesante e divertido como este. Ata setembro!!!

Aniversarios do verán

Para ir rematando o curso celebramos os aniversarios dos que cumpren no verán e fixemos unha estupenda festa no parque que durou dous días!! Nesta ocasión o aniversario foi de Vania, Sara Gil, Christian, Adrián Felices, Miguel e Uxía.

Premendo na imaxe veredes un vídeo desta estupenda festa.

Ponlle as pilas ao teu bocata

De novo este curso tivemos a actividade de "Ponlle as pilas ao teu bocata", na que nos convidan a uns bocadillos e nós escollemos os ingredientes que queremos que leve, normalmente son a base de produtos do mar, vexetais e queixo.

Premendo na imaxe veredes un pouco desta actividade.

Visita ao Castelo de San Felipe

Como parte do proxecto de investigación do río Xuvia e para comprender unha parte histórica da nosa ría moi interesante, visitamos o Castelo de San Felipe e, alí, a aguadora e o capitán do castelo nos contaron unha morea de cousas interesantísimos e nos fixeron un xogo de busca do tesouro moi divertido.

Premendo na imaxe veredes un vídeo desta marabillosa saída.

Paula Carballeira "Casas"

Como actividade de animación á lectura porposta pola biblioteca, este curso tivemos o pracer de contar con Paula Carballeira, unha escritora excelente e gran contadora de contos que nos fixo rir ás gargalladas e pasar un momento estupendo.

Premendo na imaxe veredes unha pequena parte da súa visita.

Aniversarios do 2º trimestre

Aínda que un pouco tarde, no mes de maio celebramos os aniversarios de Noa, Alejandro, Esther, Iker, Eric e Carlos. Fixemos unha estupenda festa e pasámolo xenial. Premendo na imaxe veredes un pequeno vídeo desta festa.

Concerto de Chuches Amil "Un conto ao revés"

Ademais de teatro tamén tivemos un estupendo concerto no colexio. Nesta ocasión quen nos visitou foi o grupo musical infantil Chuches Amil, que nos deron un fabuloso concerto do seu disco "Un conto ao revés", moi recomendable para nenos e nenas de todas as idades.

Premendo na imaxe veredes un pequeno vídeo deste divertido concerto.

Teatro "A fuga" de Carmen Blanco

A autora Carmen Blanco e unha actriz viñeron á escola a representarnos a obra de teatro escrita pola primeira "A fuga", unha divertida obra na que un esquío e un hamster son os protagonistas. Premendo na imaxe veredes un pequeno vídeo desta interesantísima obra.

Ruta de sendeirismo polo río Xuvia

Como parte do proxecto de investigación do río Xuvia, unha das principais actividades que fixemos foi unha ruta de sendeirismo para visitar o río cos monitores de Aldeanova, os cales fixeron un excelente traballo á hora de explicarnos todo o que iamos atopando no noso camiño. Premendo na imaxe veredes un vídeo dalgunhas das cousas que aconteceron ese día.

Distribuir contido