3º curso

Enlaces de inglés para 2º ciclo. Terceira semana

Para esta terceira semana vos propoño novos enlaces para traballar cos nenos e nenas de 3º e 4º de primaria. Agardo que vos gusten!!

Recomendacións de Educación Física para 1º, 2º e 3º

Aquí vos van unhas pequenas recomendacións de educación física para a 2º semana. Ademais se inclúe unha web sobre psicomotricidade e un xogo da oca de Educación Física na aula.

http://www.medrandoxuntos.es/toca-psico/

Exercicios de Educación Física: Estiramentos

Nos seguintes vídeos se amosan unhas recomendacións para facer estiramentos dende 3º a 6º de Primaria.

Estiramentos 1 - VÍDEO

Estiramentos 2 - VÍDEO

Exercicios de Educación Física: Carreira

Continuamos con exercicios de Educación Física.

Nesta ocasión prestamos especial atención ás carreiras. Nos seguintes vídeos hai unha serie de indicacións de como practicar a carreira na casa para nenos e nenas de 1º a 3º de primaria.

Carreiras 1 - VÍDEO

Carreiras 2 - VÍDEO

Materiais para traballo na casa - Relixión

Vos deixo un documento con indicacións para traballar nestes días a materia de relixión.

Materiais para traballo na casa - Ciencias sociais

Rematamos o traballo para estes días co estudado este trimestre de Ciencias sociais. Igual que en Naturais vos deixo unhas actividades de repaso que me debedes entregar cando estean feitas e, ademais, vos inclúo o exame do tema 5 que non puidemos facer o venres antes da corentena.

Igual que en naturais entregádemo por mail ou móbil cando estea feito para poder avalialo. Graciñas de novo!!

Materiais para traballo na casa - Ciencias naturais

Estes son os temas que traballamos este trimestre. O terceiro de forzas e máquinas non o remataramos de traballar e inclúe un traballo de investigación sobre as máquinas e os inventos que agardo vos resulte divertido e interesante.

Ademais, despois de cada tema tedes unhas actividades de repaso que me debedes de entregar por mail ou móbil para poder ser avaliadas.

Se tedes dúbidas contactade comigo. Graciñas!!

Móvete na casa durante a corentena: recomendacións para 1º, 2º e 3º de primaria - Educación Física

Dende a área de Educación Física se vos fan unha serie de recomendacións para movernos este días de corentena. Neste apartado vos indicamos as recomendacións para 1º, 2º e 3º de primaria

Vídeo con recomendacións

Materiais para traballo na casa - Lingua Galega

Vos deixo os cadernos de reforzo de santillana para repasar os contidos aprendidos neste curso. Tamén inclçuo unhas fichas de repaso do vocabulario e a gramática específica de lingua galega vista este curso.

Materiais para traballo na casa - Inglés

Para estes días a teacher tamén fixo unhas fichiñas de repaso para que poidades traballar o inglés na casa. Cada semana irá mandando traballo para que poidades reforzar o xa aprendido.

Distribuir contido