Listaxe de libros de texto para o curso 2021/22

Xa se pode consultar a listaxe de libros de texto para o próximo curso escolar no arquivo adxunto a esta publicación. Publicaremos a listaxe dos libros do alumnado de 6º de infantil (5 anos) a primeiros de setembro, cando a mestra dese grupo sexa nomeada.

BENVIDA

 

CEIP Virxe da Pena da Sela

Lagoa, s/n

Programa de man do noso IV Festival de Cine

Resolución das axudas aos proxectos de fomento do uso do galego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística concedeunos unha axuda de 330 euros para desenvolver o noso proxecto de fomento de uso do galego.

Entrega de diplomas

 Os participantes no programa de Voluntariado de Lectura-A (todo o alumnado de 5º e 6º) recibiron este venres un diploma e un agasallo en recoñecemento polo seu labor ao longo de todo o curso. O colexio xa premiara a súa dedicación ao regalarlles un libro que seleccionaran previamente entre unha listaxe na que figuraban algún dos mellores títulos da literatura infantil e xuvenil.

 

Quendas de vixilancia dos recreos

As quendas de vixilancia dos recreos establecen que cinco mestres serán os encargados diarios de realizalas. Catro mestras fan a vixilancia nos diferentes espazos do patio, e un mestre na biblioteca do colexio. O calendario do mes de xuño pódese consultar no arquivo adxunto.

Menú xuño

Horario de verán

Mañá, 1 de xuño, comeza o horario de verán. As clases empezarán ás 09:00 e sairemos do comedor ás 14:30 (todos os días). Loxicamente, este cambio de horario afectará tamén ao servizo de transporte.

Saúdos.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para libros e material escolar

Está aberto o prazo para a presentación de solicitudes para participar na convocatoria do fondo solidario de libros de texto e das axudas para material escolar. É unha convocatoria só para o alumnado que estará matriculado en educación primaria, secundaria obrigatoria ou especial durante o próximo curso escolar.

Distribuir contido