Novas

Fondo solidario de libros de texto e axudas para libros e material escolar

Está aberto o prazo para a presentación de solicitudes para participar na convocatoria do fondo solidario de libros de texto e das axudas para material escolar. É unha convocatoria só para o alumnado que estará matriculado en educación primaria, secundaria obrigatoria ou especial durante o próximo curso escolar.

Sorteo caixa con produtos gastronómicos

O xoves, 30 de maio, fixemos o sorteo dunha caixa con produtos gastronómicos entre as rifas vendidas para recadar diñeiro para a excursión de fin de curso do alumnado de 5º e 6º de primaria. Moitas grazas a todas as persoas que participaron!

Vídeo convivencia

Premio VIII Concurso Literario Infantil e Xuvenil sobre a Protección de Datos

Parabéns a Lara Dapena, de 6º de primaria, por ter ganado o premio ao mellor relato de primaria no VIII Concurso Literario Infantil e Xuvenil sobre a Protección de Datos.

Menú maio

 

 

Día Nacional da Atención Primaria

Revista literaria

Xornadas de portas abertas

 

Solicitudes de admisión

O prazo para presentar solicitudes de admisión no noso centro empezará o 1 de marzo, e finalizará o 20 do mesmo mes. Se algunha familia necesita axuda para cubrir o impreso de admisión, ou ten algunha dúbida, pode pedir cita chamando ao teléfono do colexio (988287411) ou a través dun correo electrónico (ceip.penadasela@edu.xunta.gal). As familias interesadas en visitar o centro poderán facelo concertando previamente unha cita, ou asistindo á xornada de portas abertas que se celebrará o 5 de marzo ás 17:00 h.

Ordes do meco

Imos celebrar o Entroido no colexio a partir do venres e ata a próxima semana. O meco vainos dar unha serie de ordes diarias que deberemos cumprir escrupulosamente. Estas son as primeiras orde do meco:

 

Esta é a orde do venres, feita polo alumnado de 5º e 6º:

 

Distribuir contido