Resolución das axudas aos proxectos de fomento do uso do galego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística concedeunos unha axuda de 330 euros para desenvolver o noso proxecto de fomento de uso do galego.

Entrega de diplomas

 Os participantes no programa de Voluntariado de Lectura-A (todo o alumnado de 5º e 6º) recibiron este venres un diploma e un agasallo en recoñecemento polo seu labor ao longo de todo o curso. O colexio xa premiara a súa dedicación ao regalarlles un libro que seleccionaran previamente entre unha listaxe na que figuraban algún dos mellores títulos da literatura infantil e xuvenil.

 

Quendas de vixilancia dos recreos

As quendas de vixilancia dos recreos establecen que cinco mestres serán os encargados diarios de realizalas. Catro mestras fan a vixilancia nos diferentes espazos do patio, e un mestre na biblioteca do colexio. O calendario do mes de xuño pódese consultar no arquivo adxunto.

Horario de verán

Mañá, 1 de xuño, comeza o horario de verán. As clases empezarán ás 09:00 e sairemos do comedor ás 14:30 (todos os días). Loxicamente, este cambio de horario afectará tamén ao servizo de transporte.

Saúdos.

Artigo publicado en Badal Novas sobre a visita de Xulio Dobarro

Xulio Dobarro publicou un artigo sobre a visita que realizou ao noso colexio hai unhas semanas para presentar o seu libro O Irixo. Patrimonio cultural. Moitas grazas a Xulio por escribilo e ser tan xeneroso con nós e a Badal Novas pola súa publicación.

Distribución de froitas frescas

O colexio solicitou e conseguiu unha axuda da Unión Europea para a distribución de froitas frescas en dous períodos de dez días cada un. O segundo período comezará mañá, polo que o alumnado non deberá levar merenda ao colexio ata que finalice esta segunda repartición de froita no centro.

II Encontro de Familias

Días non lectivos

Mañá, día 13 de maio, é festivo no concello de O Irixo, polo que non haberá clases no colexio. O venres tampouco será lectivo porque foi o día que autorizou a Xefatura Territorial da Consellería de Educación para substituír o segundo día festivo local (o martes de Carnaval), porque non coincidiu cun día de clase. Retomaremos as clases o próximo martes, 18 de maio, por ser o luns o Día das Letras Galegas.

Moitas grazas.

Saúdos!!!

Distribucións de máscaras

 Entregámoslle vinte máscaras cirúrxicas a todo o alumnado este venres. Foi unha doazón do centro en colaboración coa farmacia de O Irixo e coa nosa ANPA, a quen agradecemos, coma sempre, a súa cooperación.

Publicación definitiva listaxe alumnado admitido curso 2021/2022

Xa está publicada a listaxe definitiva do alumnado admitido para o curso 2021/2022. A Consellería só permite publicar a listaxe no taboleiro de anuncios situado no interior do colexio, pero tamén se pode consultar a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou un certificado dixital.

Distribuir contido