Skip to Content

AVISO PARA O ALUMNADO DE 6 DE ED. PRIMARIA DO CURSO 2018/2019

IMPORTANTE! Están a disposición do alumnado que cursou 6º de Ed. Primaria no curso 2018/19 os historiais académicos, que deberán pasar a recoller coa maior brevidade posible.

O horario de recollida é de luns a venres de 10:00 a 13:30.

LISTAXES PROVISINONAIS FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2019/2020

Publicada a listaxe provisional do fondo solidario de libros de texto.

A data para reclamacións ábrese desde o luns, 8 de xullo, ata o vindeiro mércores, 10 de xullo, en horario de 11:00 a 12:00 horas.

A publicación da listaxe definitiva sairá publicada o vindeiro venres, 19 de xullo.

Listaxe definitiva de alumnado admitido. Curso 2019-2020

De acordo co Artigo 30 da ORDE do 12 de marzo de 2013, pola que se regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, publícase a listaxe definitiva de persoas admitidas no CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán para o Curso 2019-2020, nas ensinanzas e cursos que abaixo se detallan. Pode ser consultada a relación nominal de todo o alumnado admitido no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro.

O período para formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

 

    Listaxe definitiva de alumnado admitido en 4º curso de Educación Infantil. Curso 2019-2020

 

    Listaxe definitiva de alumnado admitido en 5º curso de Educación Primaira. Curso 2019-2020

Listaxe provisional alumnado admitido. Curso 2019/2020

De acordo co Artigo 30 da ORDE do 12 de marzo de 2013, pola que se regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, publícase a listaxe provisional de persoas admitidas no CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán para o Curso 2019-2020, nas ensinanzas e cursos que abaixo se detallan. Pode ser consultada a relación nominal de todo o alumnado admitido no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro.

Poderá formularse reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

Antes do 15 de maio, será publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas.

O período para formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

            Listaxe provisional de alumnado admitido en 4º Curso de Educación Infantil para o Curso 2019-2020.

 

            Listaxe provisional de alumnado admitido en 5º Curso de Educación Primaria para o Curso 2019-2020.

Admisión de alumnado. Curso 2019-2020

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o prazo para presentación de solicitudes de admisión será do 1 ao 20 de marzo.

Deberá presentar solicitude de admisión, segundo o modelo normalizado do Anexo II da citada Orde:

  • O alumnado que solicite posto escolar por primeira vez.

  • O alumnado matriculado nun centro docente que desexe cambiar a outro centro.

O impreso de solicitude será facilitado gratuitamente na secretaría do centro ou ben poderá ser cumprimentado e descargado a través da aplicación informática “admisionalumnado”. A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.

Xunto co impreso de solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:

  • DNI da/o alumna/o, libro de familia ou outro documento acretidativo da idade.

  • No caso de alumnado con NEAE, documentación acreditativa das circunstancias que fundamentan esta petición.

  • No caso de separación ou divorcio dos proxenitores, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.

  • En caso de non autorizar a verificación dos datos de identidade das persoas interesadas, documento de identidade da persoa solicitante e do resto de membros computables da unidade familiar.

 

ACLARACIÓNS:

  • O alumnado matriculado nun centro docente público ten garantida a súa permanencia nel. O cambio de curso ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.

  • A relación de postos escolares ofertados para o curso 2019-2020 está a disposición das persoas interesadas no taboleiro informativo, así como na páxina web do centro.

  • A solicitude do posto escolar será única e presentarase no centro no que que a/o solicitante pretende ser amitida/o en primeiro lugar, en caso de que se solicitase máis dun centro.

  • Indicar no modelo de solicitude, se se solicita o uso de servizo de comedor escolar e/ou uso do servizo de transporte escolar, no caso de ser adimitido/a.

 


CALENDARIO PROCEDEMENTO ADMISIÓN

1-20 de marzo

Solicitude de admisión

Antes do 25 de abril

Publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e non admitidas

5 días hábiles desde a publicación

Reclamación listaxe provisional

Antes do 15 de maio

Publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e non admitidas

20-30 de xuño

Formalización da matrícula

 

            Manual de axuda solicitude admisión            
                           
            Modelo solicitude. Anexo II            
                           
            Relación postos escolares curso 2019-2020            
                           
            Admisión 2019-2020. Nota informativa            

O abecedario da Paz. 2019

As nenas e nenos do CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove, realizaron estas creacións coa imaxe e a palabra, inspiradas en cada unha das 23 letras do abecedario galego, con motivo do Día da Paz.

Día da Paz 2019

Procedemento de admisión. Reserva de praza en centros adscritos

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, no día 1 de febreiro de 2019 inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza para o curso 2019-2020 nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

 

No caso do CEIP Pedro Caselles Rollán, o centro que lle corresponde ao alumnado de 6º de Primaria é o IES Illa de Sarón. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 1 ao 15 do presente mes de febreiro, ambos incluídos.

 

As familias poden facer a reserva de dous xeitos:

  • Cubrindo o impreso que se achega (Anexo I) e presentalo na Secretaría do centro dentro do prazo indicado.

  • Cubrindo o modelo a través da aplicación informática “admisionalumnado” a través do menú: Solicitudes>Reserva>Crear

No caso de realizar a solicitude de reserva na aplicación informática, poden optar por:

  • Imprimir o citado formulario e achegalo ao centro educativo no que se atopa matriculado o seu fillo ou a súa filla.

  • Se dispoñen de certificado dixital ou Chave365, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.

 

O colexio de Xove contra a violencia de xénero

Semana "Lecer Branco"

Distribuir contido


by Dr. Radut