Skip to Content

AXUDAS COMEDOR COVID-2019

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de convocar unhas axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19 (Orde do 27 de marzo de 2020).

 O prazo abrangue dende o día 31 de marzo ó 6 de abril, ambos inclusive.

Para solicitalo pódese facer de dous xeitos:
1. De forma telemática: formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para iso é necesario ter certificado dixital, ou a chave 365.

2. Dirección do centro:

- Enviando os seguintes datos ao correo electrónico do colexio:  ceip.pedro.caselles.rollan@edu.xunta.es.

  • Nome completo e DNI do pai ou nai.
  • Tipo de Pagamento: gratuidade total ou abono de 1€.
  • Nome do alumno/-a.
  • Número de conta bancaria.

- Chamando ao teléfono do colexio: 982870985 en horario de 10 a 13h.

 Para máis información, clicar aquí.

AVALIACIÓN SEGUNDO TRIMESTRE

Estimadas familias,

Namentres dure o confinamento, cada mestre/a titor/a e/ou especialista proseguirá enviando as tarefas e actividades que considere oportunas a través dos medios que o viñan facendo ata o de agora (aula virtual, blog, mensaxe...).

Segundo as instrucións recibidas da Consellería levaremos a cabo a avaliación do 2º TRIMESTRE antes do 3 de abril tendo en conta os datos e notas recadados ata o 12 de marzo. O boletín de notas enviarase o 3 de abril a través de ABALAR MÓBIL.

No tocante á terceira avaliación, haberá que esperar a saber como evoluciona a situación. Irémosvos informando periodicamente.

 

Un saúdo,

O equipo docente

Plan Acción de voluntariado de Alcoa

Queridas familias,

Desde o colexio imos solicitar este ano o Plan Acción de voluntariado de Alcoa para transformar por completo e poñer a punto o noso horto escolar, para que así poida ser utilizado por todos os nenos e nenas de Infantil e Primaria.

Ademais doutros requisitos necesitamos a colaboración de, polo menos, 8 traballadores/as de Alcoa dispostos a traballar con nós un día durante 4 horas para levar a cabo as tarefas requiridas nesta transformación (fundamentalmente carpintería, pintura, xardinería, limpeza...). Estes traballadores poderán participar noutros Plan Acción independentemente da súa colaboración con este que promovemos desde o colexio.

Se queres colaborar con nós, envíanos unha mensaxe cos seguintes datos ao correo electrónico do colexio (ceip.pedro.caselles.rollan@edu.xunta.gal):
- Nome e apelidos:
- Estou en activo ou xubilado/a:
- Número de expediente:
- Departamento no que traballo/traballei:
- “Turno” de traballo (xa que vai condicionar a participación dos traballadores/as e necesitamos valorar posibles datas):

Se non eres traballador/a de Alcoa tamén podes colaborar con nós, estaremos encantados de contar coa túa axuda! Fáinolo saber enviando tamén unha mensaxe ao correo electrónico do colexio indicándonos o teu nome e apelidos.

 

Unha aperta!

 

 

Coas nosas cores buscamos o teu sorriso

Desde o Departamento de Servizos Sociais do Concello propóñennos unha bonita iniciativa: faer chegar aos hospitais galegos e aos centros residenciais debuxos e/ou cartas co obxectivo de sacar un sorriso a toda a xente que o está pasando mal nestes momentos e para facerlles sentir que están preto deles/as.

Para máis información, podedes clicar aquí.

Animádesvos a participar? Imos buscar sorrisos, TODO SAIRÁ BEN!!!

INFORMACIÓN CORONAVIRUS

A partires de mañá, venres 13 de marzo de 2020, recoméndase que o alumnado non acuda aos centros educativos e a partir do luns 16 de marzo, quedan suspedidas as actividades lectivas e extraescolares en todos os centros como medida PREVENTIVA.

É importante ter en conta as recomendacións para previr o coronavirus.

Consellos Coronavirus

 

Fonte: www.edu.xunta.gal

A través da nosa páxina web iremos informando das novas que vaiamos coñecendo, así como a nova data de inicio das actividades.

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

  • O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
     
  • A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

CONCURSO DE RECICLAXE DE PILAS E ACUMULADORES: PILABOT

Pilabot é un concurso de reciclaxe de pilas e acumuladores eléctricos no que decidimos participar este ano, conscientes da importancia que a reciclaxe de residuos ten para o futuro do planeta e co obxectivo de que o noso alumnado sexa consciente da necesidade de facer algo que axude ao medio.

O concurso dura ata o mes de marzo. Temos por diante seis semanas nas que debemos conseguir xuntar a maior cantidade posible deste tipo de residuos. É por isto que se repartiu entre o alumnado de Educación Primaria uns pequenos colectores nos que recompilar este material e traelo ao colexio, onde o depositarán nun colector situado na entrada.

Para consultar as bases do concurso e obter máis información, clicar no seguinte enlace.

Presentación do curso da Escola Municipal de Música

Onte recibimos a visita dos profesores da Escola Municipal de Música de Xove para presentar o novo curso. Aquelas persoas que estean interesadas en participar nesta actividade, poden pasar polo centro a recoller o impreso de inscrición ou descargalo aquí.

ORGANIZACIÓN SAÍDAS E GARDAS DE BIBLIOTECA

O alumnado que fai uso do servizo de comedor os luns, cómpre que, coa maior celeridade posible, faga entrega no centro do seguinte impreso, co obxecto de facilitar a organización da súa saída. Esta documentación será enviada hoxe, venres 20 de setembro, pero tamén pode ser descargada aquí.

*No caso de querer recoller o alumnado os luns ás 15:30, é necesario que cubrades o seguinte impreso.

VALES DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Xa están dispoñibles os vales para a adquisición de libros e de material escolar para o curso 2019/2020.

Pódense pasar a recoller desde o día xoves 11 de xullo en horario de 10:00 a 13:00.

Distribuir contido


by Dr. Radut