Skip to Content

SOLICITUDES DE COMEDOR

Aberto o prazo para solicitar praza no comedor escolar para o curso 2020/2021.

Instrución 2/2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, do 16 de xuño, sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2020-2021.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Do 22 de xuño ao 13 de xullo (ambos inclusive): de maneira presencial de luns a venres de 10 a 13h.

Pódense recoller os impresos no centro ou descargando o impreso de solicitude que figura nesta entrada.

Impreso de solicitude.

Instrucións para calcular a renda per cápita.

 

 

LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS CURSO 2020/21

- Todo o alumnado que solicitou praza para o curso 2020/2021 está admitido.

- Formalización da matrícula: do 1 ao 10 de xullo.

- Presentación presencial na secretaría do centro de luns a venres de 10 a 13h.

- Documentación a presentar para formalizar a matrícula.

- Impreso de matrícula.

- Ficha datos persoais.

- Elección lingua estranxeira.

FONDO SOLIDARIODE LIBROS DE TEXTO. CURSO 2020/21

OLIMPIADAS NA MARIÑA 2020

 Clicando na imaxe inferrior podedes acceder ao vídeo-resumo da participación dos nenos e nenas do CEIP Pedro Caselles Rollán nas Olimpiadas na Mariña 2020.

 

Esperamos que vos guste!

 

OLIMPIADAS 2020

IMPORTANTE! ADMISIÓN ALUMNADO. ABERTO O PRAZO.


Tal e como se establece na Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop) do 5 de maio (DOG do 6 de maio de 2020) restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o 18 do mesmo mes.

Pódese consultar o DOG, clicando aquí.

O HORARIO DE ATENCIÓN SERÁ DE 10:00 A 13:00

 


 

QUEN DEBERÁ PRESENTAR A SOLICITUDE DE ADMISIÓN?

Deberá presentar solicitude de admisión, segundo o modelo normalizado do Anexo II:

  • O alumnado que solicite posto escolar por primeira vez.

  • O alumnado matriculado nun centro docente que desexe cambiar a outro centro.

O impreso de solicitude será facilitado gratuitamente na secretaría do centro ou ben poderá ser cumprimentado e descargado a través da aplicación informática “admisionalumnado”. A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.

 

DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE ACHEGAR:

Xunto co impreso de solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:

  • DNI da/o alumna/o, libro de familia ou outro documento acretidativo da idade.

  • No caso de alumnado con NEAE, documentación acreditativa das circunstancias que fundamentan esta petición.

  • No caso de separación ou divorcio dos proxenitores, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.

  • En caso de non autorizar a verificación dos datos de identidade das persoas interesadas, documento de identidade da persoa solicitante e do resto de membros computables da unidade familiar.

 

ACLARACIÓNS:

  • O alumnado matriculado nun centro docente público ten garantida a súa permanencia nel. O cambio de curso ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.

  • A relación de postos escolares ofertados para o curso 2020-2021 está a disposición das persoas interesadas no taboleiro informativo, así como na páxina web do centro.

  • A solicitude do posto escolar será única e presentarase no centro no que que a/o solicitante pretende ser amitida/o en primeiro lugar, en caso de que se solicitase máis dun centro.

  • Indicar no modelo de solicitude, se se solicita o uso de servizo de comedor escolar e/ou uso do servizo de transporte escolar, no caso de ser adimitido/a.

        Modelo de solicitude. Anexo II       
               
       ? Manual de axuda para as familias.      
               

 

 

INSTRUCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DO 3º TRIMESTRE

A Consellería vén de publicar as instrucións definitivas para o desenvolvemento do 3º trimestre e que implican o seguinte:- O curso finalizará o 19 de xuño tal e como estaba previsto.- Desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado.
- A ampliación das aprendizaxes tomará como referentes aqueles obxectivos e competencias clave máis necesarios para a adecuada progresión do alumnado e que para a súa asimilación requiran a mínima intervención docente.
-  A avaliación e cualificación do alumnado adaptarase, tendo en consideración que se realizará sobre as aprendizaxes desenvolvidas durante os dous primeiros trimestres do curso, así como sobre as actividades de reforzo, recuperación ou ampliación de aprendizaxes realizadas dende a declaración do estado de alarma polo Real Decreto 463/2020, sempre e cando beneficie ao alumnado.
Para máis información, pódese consultar o documento completo na páxina da Consellería de Educación ou clicando aquí.

28 de Abril - Día da Educación Física na Casa

Mañá martes día 28 DE ABRIL conmemoraríase o Día de Educación Física na Rúa, pero como ben sabedes a situación derivada do Covid-19 obrigou a transformalo no DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA (https://www.consejo-colef.es/defc-home)…

E como non podía ser doutra maneira, imos celebralo dunha forma especial en colaboración con outros 11 centros da Mariña Lucense. Imos organizar as OLIMPIADAS NA CASA!

Só teredes que botarlle imaxinación e grabarvos practicando un deporte olímpico na vosa casa. Todo vale!

ANÍMASTE? ACEPTAS O RETO?

Se a resposta é SI, no periódico aquí abaixo atoparás toda a información necesaria:

 

Estamos desexando recibir os vosos vídeos!

 

RESUMO

1. Facer unha antorcha (leva 1minuto) seguindo as instrucións do vídeo ou como vosoutros queirades.

2. Practicar un deporte olímpico (podedes disfrazarvos e facelo en familia).

3. Gravarvos en vídeo (de forma horizontal e que dure como máximos 15 segundos). O vídeo deberá comezar recibindo a antorcha que vai entrar polo aire pola vosa dereita, deixades a antorcha colocada nalgún sitio e practicades o voso deporte elexido, por último recolledes a antorcha e lanzádela pola esquerda.

* INTENTADE SER ORIXINAIS e NON FAGADES todas/os o MESMO DEPORTE como FÚTBOL.

 

ACLARACIÓNS

* Tedes todas as instrucións necesarias para poder participar nesta actividade na páxina web Genially enlazada arriba, buscádeas e lédeas ben antes de grabar o vídeo. Se tedes algunha dúbida facédenola chegar ao correo do cole (ceip.pedro.caselles.rollan@edu.xunta.gal) e responderémosvos en canto podamos.

* Os vídeos enviaranse ao seguinte correo: marta.alvarez.fernandez@hotmail.es.

* Os vídeos recibidos empregaranse para realizar unha videomontaxe de centro que colgaremos na páxina web do colexio e, se todos estades dacordo, tamén na páxina web do seminario de Educación Física da Mariña creada para conmemorar o día da Educación Física na Rúa (Genially mostrado arriba).

Se queredes participar pero non queredes que o vídeo saia publicado na páxina web do cole e/ou na páxina Genially do evento, facédeo saber indicándoo explicitamente cando enviedes o vídeo ao correo electrónico anteriormente citado. Se non indicades nada damos por suposto que autorizades o uso da imaxe e aceptades a súa publicación nestas dúas canles (a páxina web do cole e a páxina web Genially do Seminario de EF da Mariña).

 

HAZLO VERDE: MISIÓN #PLASTICFREE

O alumnado de 6º de Educación Primaria é un dos gañadores da fase autonómica do concurso de sensibilización medioambiental de Leroy Merlín que leva por título "Hazlo verde: misión #PlasticFree".

Imaxe do traballo presentado.

Imaxe do traballo presentado polo alumnado de 6º EP.

Noraboa rapaces/as!!

 

ORIENTACIÓNS PROVISIONAIS PARA O DESENVOLVEMENTO DO 3º TRIMESTRE

O pasado venres, 17 de abril, a Consellería publicou unhas orientacións provisionais polas que se vai desenvolver o 3º trimestre, á espera de que o Ministerio de Educación publique a normativa estatal correspondente.

Pódense consultar clicando aquí.

Todo vai saír ben!

CEIP PEDRO CASELLES ROLLÁN de XOVE

Distribuir contido


by Dr. Radut