Skip to Content

RESERVA PRAZA CURSO 2021/2022 PARA O ALUMNADO DE 6º

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

No caso do CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán, o centro que lle corresponde ao alumnado de 6º de Primaria é o IES Illa de Sarón. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro, ambos incluídos.

As familias poden facer a reserva de dous xeitos:

  • Cubrindo o impreso que se achega (Anexo I e I bis ) e presentalo na Secretaría do centro dentro do prazo indicado.

  • Cubrindo o modelo a través da aplicación informática “admisionalumnadoa través do menú: Solicitudes>Reserva>Crear.

 

No caso de realizar a solicitude de reserva na aplicación informática, poden optar por:

  • Imprimir o citado formulario e achegalo ao centro educativo.

  • Se dispoñen de certificado dixital ou Chave365, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.

 

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO

BO NADAL

PLAN PROXECTA

Imaxe corporativa Plan Proxecta.

A Consellería vén de publicar na súa web a resolución definitiva dos centros admitidos para a súa participación no Plan Proxecta no curso 2020/2021.

O noso centro participa en dúas modalidades:

- Recíclate con Sogama.

- Protexe os animais.

PROCEDEMENTO DISTRIBUCIÓN MÁSCARAS

ORDE PROCEDEMENTO DISTRIBUCIÓN MÁSCARAS ALUMNADO

ALUMNADO DESTINATARIO MÁSCARAS

ANEXO SOLICITUDE: AQUÍ.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: DO 16 AO 27 DE NOVEMBRO DE 2020 (DE FORMA PRESENCIAL NA SECRETARÍA DO CENTRO).

Só para alumnado non beneficiario da axuda de material escolar.

 

 

 

 

ENQUISA AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA COVID-19

A enquisa que se adxunta a continuación pretende ser útil na identificación dos síntomas do COVID-19 por parte dos diferentes membros da comunidade educativa.

 

VOLTA AO COLE

VOLTA AO COLE

AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Publicadas as listaxes definitivas das axudas para a adquisición de libros de texto e/ou material escolar.

Para consultalas, deberase acceder ao apartado CIDADÁN, na aplicación informática FONDOLIBROS, na seguinte dirección https://www.edu.xunta.es/fondolibros/.Paraiso é necesario dispoñer da Chave 365 ou dun certificado dixital.

A recollida dos vales de libros e/ou material escolar realizarase a comezos de setembro debido ás obras no colexio.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Publicadas as listaxes provisionais das axudas para a adquisición de libros de texto e/ou material escolar.

Prazo reclamacións: 13 e 14 de xullo.

Para consultar estas listaxes, deberase acceder ao apartado CIDADÁN, na aplicación informática FONDOLIBROS, na seguinte dirección https://www.edu.xunta.es/fondolibros/.

A publicación das listaxes definitivas realizarase a partir do día 15 de xullo.

A recollida dos vales de libros e/ou material escolar poderá realizarse a partir desa data.

LISTAXE DE LIBROS CURSO 2020/2021

APERTURA PRAZO COLABORADORES/AS DE COMEDOR - CURSO 2020/2021

Aberto o prazo de admisión de membros da comunidade educativa (nais, pais, titores/as legais e acolledores/as familiares do alumnado) como colaboradores/as voluntarios/as nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2020/2021.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto ata o día 11 de setembro de 2020.

Distribuir contido


by Dr. Radut