Skip to Content

Recomendámosche

Visita de Menchu Lamas e Antón Pulido ao noso museo.

Fotos da visita de Antón Pulido Nóvoa e Menchu Lamas ao noso museo. Agradecidísimos pola visita na que puidemos ensinarlle as creacións dos nenos e nenas e preguntarlle pola súa vida e obra.

.

Iniciándonos na robótica con "escornabots".

O pasado 30 de marzo tivemos a oportunidade de iniciarnos no mundo da robótica cuns pequenos trebellos chamados "escornabots". Alumnado de infantil e primaria puido disfrutar programando estes pequenos robots para que realizasen as misións que lles ían encomendando.

Fotos aquí.

Programa Digicraft

Este curso apuntámonos ao Programa Digicraft, no que seguiremos o curso que vén, e que consiste na realización dun curso de formación (os titores de 5º e 6º de Primaria), para logo desenvolver co alumnado unha serie de actividades sobre intelixencia artificial, programación e videoxogos; todas elas vinculadas ás Ciencias Naturais.

Na seguinte ligazón pódense ver fotos dalgunhas das actividades:

Canal "Dicímoscho nós!! en Youtube.

Durante este curso, en 6º de primaria, creamos un canal en Youtube (Dicímoscho nós!!), no que o alumnado protagonizou unha serie de vídeos onde nos resolven dúbidas sobre o noso idioma.

Reportaxe sobre o colexio no Xornal Escolar

O mércores 24 de marzo saímos no Xornal Escolar da Región, que fixo unha reportaxe sobre o noso cole, onde destaca os proxectos e programas nos que estamos inmersos durante este curso.

Na seguinte ligazón podedes ver as fotos:

https://photos.app.goo.gl/u9q46qd3ZrdqaL1q9

Distribuir contido


by Dr. Radut