Skip to Content

Animación á lectura

Charlando Con Xabi (autor de Naturizo)_Día do libro 2024

O pasado mércores tivemos un encontro con Xabier Domínguez, que aparte de profe (xa estivo traballando no cole o curso pasado), é o autor de diversos contos para os máis pequenos, como a colección de Naturizo, un simpático ourizo que xa é todo un personaxe no noso centro. De feito, na visita, Xabi inaugurou un mural que ten a Naturizo de protagonista, e tamén o noso invernadoiro ao que demos en chamarlle "O invernadoiro de Naturizo".

Un millón de grazas, profe!!

Apadriñamentos lectores_Día do libro 2024

Entre outras actividades, para o Día do libro deste ano tivemos de novo os xa tradicionais apadriñamentos lectores, onde os maiores lle len contos aos máis pequenos.

Escape room "Os números de Rosalía".

No penúltimo día do trimestre, o alumnado de 5º e 6º de primaria disfrutou dun xogo de escape ou escape room no que o obxectivo era conseguir a chave para poder saír da aula. A clave para atopar a chave estaba nun caixa pechada con candados de chave e candados de combinación numérica. Para abrir os candados de chave tiñan que coñecer e investigar sobre Rosalía de Castro, e para abrir os candados de combinación debían poñer a proba os coñecementos matemáticos adquiridos durante este curso.

ACTOS DO 8M + Día de Rosalía 2024

Este ano conmemoramos na mesma xornada o 8M e mailo Día de Rosalía, e tivemos unha morea de actividades que podedes ver no xornal e no Especial do Amoeiro noticias. Facede clic na imaxe para acceder a todas as fotos.

Entroido "de conto" 2024

PREMIO IX TRABALLO POR PROXECTOS

SOMOS UN DOS CENTROS GAÑADORES DO IX CONCURSO POR PROXECTOS REALIZADOS NO CURSO 2022/2023.

O NOSO PROXECTO: A PINTURA: PINTORES E PINTORAS XUNTO CON OUTROS 17 FORON SELECCIONADOS E DOTADOS CON 2.000€.

SE CLICADES NESTE ENLACE PODEDES ACCEDER AO BLOG DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA ONDE PODEDES DESCARGAR AS MEMORIAS DOS PROXECTOS PREMIADOS!!

PARABÉNS A TODOS E TODAS!!

Plantando árbores con pinceis.

Fotos da actividade PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS, que ten un dobre sentido:

Por unha banda supón o peche do proxecto dos pintores do curso pasado, e pechámolo pintando no mural e en bolsas de tea); e por outra banda supón o comezo do novo proxecto deste curso que tratará sobre os escritores de contos, e o mural pintado recolle unha paisaxe de conto, e ten como protagonista a Naturizo, o noso ourizo máis querido e protagonista dunha serie de contos para os máis pequenos.

PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS é un proxecto escolar pola sostenibilidade que une cultura e coidado do medioambiente a través da realización no centro de Murais Artísticos, Colaborativos e Ecolóxicos con pinturas fotocatalíticas anticontaminación, que absorben e depuran os contaminantes que hai no aire, coma os óxidos de nitróxeno e outros gases nocivos da industria e do tráfico rodado. Unha iniciativa innovadora que ten como obxectivo achegar ao alumnado unha mensaxe positiva sobre o coidado da contorna, propoñendo alternativas de ocio que fomentan o respecto polo medio natural a través da arte, cunha metodoloxía participativa e colaborativa.

Día das bibliotecas escolares.

Día das bibliotecas na que tivemos contada de contos polos propios nenos

e posta en marcha das mochilas viaxeiras.

Dedicatoria de Antón Pulido

Estreando a Aula Pulido.

O noso museo (produto final do proxecto).

Inauguración do Espazo creativo Antón Pulido.

Charla de Antón Pulido

Mural exterior do proxecto anual "PINTORES E PINTORAS".

Distribuir contido


by Dr. Radut