Skip to Content

Educación física

Educación vial coa Garda Civil de Tráfico.

Xornada de Educación vial coa Garda Civil de Tráfico para todo o alumnado do centro.

Desta volta tivemos unha charla previa, desfrutamos dunha das motos da patrulla de tráfico que nos acompañou, e finalmente baixamos ao pavillón para participar no circuíto de educación vial montado por Protección Civil, con patinetes, bicis, patíns e incluso karts.

Xornada de piragüismo en Castrelo de Miño.

O pasado 8 de maio, o alumando de 6º de primaria disfrutou dunha xornada diferente no Clube Náutico de Catrelo de Miño. Practicaron piragüismo e aprenderon a facer diferentes nós (lazos ou nudos), con merenda posterior á beira do río.

portada

Torneo de minibalonmán Arenteiro 2024

Fotos do torneo de minibalonmán disputado no pavillón polideportivo de Amoeiro e organizado polo noso centro.

portada

Xornada de promoción do hockei.

O venres pasado o alumnado de 2º a 6º de primaria disfrutou dunha mañá de aproximación ao hockei a través de exercicios e xogos, dentro do programa Fomento do deporte da Xunta de Galicia.

Medallistas atletismo benxamín e alevín 2024

Fotos dos alumnos e alumnas que destacaron e se clasificaron nos tres primeiros postos das diferentes probas de atletismo no campionato comarcal da Agrupación Deportiva Arenteiro.

Parabéns a tod@s!!

Xogando ao atletismo benxamín 2024

O pasado mércores 17 de abril disfrutamos dunha estupenda xornada de atletismo benxamín, organizada polo noso cole no polideportivo municipal, competindo con outros 7 colexios da zona do Arenteiro. Houbo lanzamentos, saltos, carreiras, remudas (relevos) e moita diversión. Ademais, o noso alumnado realizou un excelente papel, conseguindo dominar diversas probas e traéndose para o colexio o trofeo de 4º clasificado.

No apartado de agradecementos, temos que agradecer unha vez máis ao profesorado do resto de colexios a colaboración prestada, o mesmo que ao alumnado de 6º do noso centro, que colaborou de novo en diversas tarefas ao longo de toda a mañá; e tamén á Asociación Medrando Amoeiro que aportou o necesario para unha saborosa pausa-café do profesorado.

Grazas a tod@s e parabéns ao noso alumnado e ao resto de participantes.

Pulsade na imaxe para ver o álbum co todas as fotos e vídeos.

 p

Obradoiro de xogos tradicionais 2024

Fotos do obradoiro de xogos tradicionais a cargo de Lito e a Asociación cultural Xaquín Lorenzo

para o alumnado de 5º e 6º de primaria. Puideron aprender e disfrutar de xogos como a porca

(antigo xogo similar ao hockei actual), o pino, e tamén xogos de mesa coma o muíño ou o moco.

 

Atletismo en Expourense.

Fotos da experiencia que supón practicar atletismo onde o practican os profesionais, nunha das mellores instalacións de España para este deporte.

Campións do "Xogando ao atletismo 2024" !!

O pasado xoves 7 de marzo disfrutamos dunha estupenda xornada de atletismo alevín, organizada polo noso cole no polideportivo municipal, competindo con outros 6 colexios da zona do Arenteiro. Houbo lanzamentos, saltos, carreiras, remudas (relevos) e moita diversión. Ademais, o noso alumnado realizou un excelente papel, conseguindo dominar diversas probas e traéndose para o colexio o trofeo de campións.

No apartado de agradecementos, temos que agradecer ao profesorado do resto de colexios a colaboración prestada, o mesmo que ao alumnado de 6º do noso centro, que colaborou en diversas tarefas ao longo de toda a mañá; e tamén á Asociación Medrando Amoeiro que aportou o necesario para unha saborosa pausa-café do profesorado.

Grazas a tod@s e parabéns ao noso alumnado e ao resto de participantes.

Campionato comarcal de bádminton 2024

O pasado venres 1 de marzo, o alumnado de 5º e 6º disfrutou dunha xornada de convivencia lúdico-competitiva en torno ao bádminton. Desenvolveuse no IES Chamoso Lamas de Carballiño, grazas á colaboración do profesorado de EF dese centro e ao seu equipo directivo, aos que agradecemos a organización e acollida para este evento.

Campionato Galego de cros 2024.

Novo éxito dos nosos 3 participantes no campo a través. Desta volta foi no Campionato Galego disputado o pasado sábado 13 de xaneiro, onde Aroa, Sara e Mateo souberon sobrepoñérse ás caídas, á chuvia e á lama para facer un gran papel a pesares de competir cos mellores corredores e corredoras de Galicia desta especialidade. Moitos parabéns para os tres!!!

 

Campionato provincial de cros.

O pasado 16 de decembro disputouse o campionato provincial de cros en Ribadavia, coa participación de 3 dos nosos alumnos: Sara Quiroga, Aroa González e Mateo Requejo. Os tres competiron a gran nivel e incluso conseguiron a clasificación para o campionato galego a celebrar o vindeiro mes de xaneiro. Moitos parabéns para os tres!

Campo a través 2023 (Fase comarcal)

Fotos do campo a través comarcal celebrado este ano na Veronza (Ribadavia) debido ás malas condicións nas que se atopaba o Puzo do Lago polas chuvias.

Foi unha estupenda xornada de deporte e convivencia na que o equipo do cole obtivo dúas medallas en categoría alevín, ademais de outras grandes actuacións, conseguindo rematar a carreira todos os nosos participantes. Parabéns a tod@s!!

Coñecendo a ximnasia rítmica

Clase de ximnasia rítmica para todo o alumando do cole!!

Magosto 2023

Carreira do San Martiño, unha morea de xogos e bailes, chourizos e castañas foron os ingredientes principais do noso Magosto deste ano.

Distribuir contido


by Dr. Radut