Skip to Content

Listaxe de material por cursos- curso 2022-2023

Curso: 2022-2023: reunións cos titores/as

As reunións cos tirores/as neste curso escolar son:

- 6 de setembro:

  • Educación infantil: ás 11:00 na zona filas. As titoras son:

          - 4º/5ºA de educación infantil: Yira Rodríguez Novoa.

LISTAXE DEFINITIVA FONDO SOLIDARIO

Publicouse no taboleiro do centro a LISTAXE DEFINITIVA do fondo libros de 3º e 4º de educación primaria.

A recollida dos mesmos farase no mes de setembro.

SOLICITUDE COLABORADORES/AS COMEDOR

Aberto o prazo para ser colaborador/a do comedor escolar para o vindeiro curso escolar: 2022-2023. As prazas a cubrir son 5.

As solicitudes podédelas enviar ao correo electrónico do colexio ou entregalas no centro educativo.

LISTAXE PROVISIONAL FONDO SOLIDARIO

Publicado no taboleiro de anuncios do centro as listaxes provisionais do fondo solidario para o alumnado de 3º e 4º de educación primaria.

A publicación das listaxes definitivas faranse o xoves día 7 de xullo, tendo en conta os  dous días hábiles para posibles reclamacións das listaxes provisionais.

Información acollida temperá- Curso 22-23

Adxúntase información para as familias que desexen utilizar a acollida temperá o vindeiro curso.

Anexo II- Modelo de autodeclaración comedor

SOLICITUDE COMEDOR USUARIOS:

Xa está dispoñible o modelo de autodeclaración de comedor para o alumnado que, o vindeiro curso, queira facer uso do comedor escolar.

Podedes descargalo, cubrilo, asinalo e envialo por correo electrónico ou ben acudir ao centro educativo para xestionar dito trámite.

Libros de texto- curso 22-23

Exposición de buxainas (Letras Galegas)

Outra actividade dentro da celebración das Letras Galegas foi a exposición de buxainas que o noso alumnado elaborou coa axuda das familias. Hai trompos espectaculares e orixinais, de todos os tipos, cores, materiais e tamaños. Grazas e parabéns ás familias por contribuir a tan estupenda exposición.

Ver fotos.

Xornada de portas abertas- 4º educación infantil

O vindeiro xoves, 16 de xuño, ás 12:00 horas, teremos unha XORNADA DE PORTAS ABERTAS para o alumnado de 4º de educación infantil coa finalidade de que vaian coñecendo as instalacións do centro e aos seus compañeiros/as do vindeiro curso.

Esperámosvos!!!

Matrícula alumnado - Curso 2022-2023

O alumnado admitido para o vindeiro curso deberá formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño. Para iso, as familias, deberán cumprimentar a seguinte documentación e entregala no centro:

- Anexo III, debidamente cuberto e asinado. No caso das familias separadas deberanse cubrir as dúas follas que se adxuntan.

Un planetario no colexio.

O pasado venres 3 de xuño tivemos unha actividade moi especial no cole, xa que puidemos disfrutar dun planetario no patio cuberto! Os diferentes cursos foron pasando polo planetario con forma de iglú para coñecer máis sobre o espazo exterior grazas ás proxeccións e explicacións que recibiron alí dentro.

Ademais realizaron outras actividades fóra do planetario como lanzamento de foguetes de xoguete e simulacións do sistema solar.

Exposición e charla sobre cabaceiros.

No mes de maio tivemos no centro unha exposición sobre cabaceiros, ademais dunha charla de Arturo Fdez. Araújo, especialista no tema dos hórreos.

Ver fotos aquí.

Letras Galegas 2022

Este ano celebramos as festa das nosas letras con recitados de adiviñas, ditos e refráns, e un pasapalabra sobre Florencio Delgado, entre outras actividades.

Ver fotos aquí.

Convivencia co colexio de Boborás.

O pasado venres 27 de maio celebramos unha xornada de convivencia no noso centro. Foi entre alumnado de 1º ciclo do noso centro e 29 nen@s de 1º ciclo do CEIP de Xuvencos, de Boborás.

A xornada enmárcase dentro do programa Xogade (modalidade multixogo), no que participamos todos os anos. Organizouse en 7 zonas por onde o alumnado ía rotando e practicando distintos xogos, a maioría de tipo tradicional.

Distribuir contido


by Dr. Radut