Gran xornada deportiva a pesares do frío que nos acompañou no Puzo do Lago o pasado mércores, 4 de decembro.
Parabéns a tódolos participantes, en especial aos do noso cole, que ademais da excelente actitude, lograron destacadas actuacións, e ata conseguiron 4 medallas (Pablo Díaz, Mario, Borja e Lara Vquez.) !
O pasado luns, 2 de decembro, contamos un ano máis coa presenza de Sara e Elías para instruir ao alumnado de 5º e 6º de primaria acerca dos primeiros auxilios, con especial fincapé na reanimación cardiopulmonar. Primeiro recibiron unha breve charla teórica e logo fixeron a parte práctica usando os bonecos e incluso aos propios compañeiros.
Dende o cole agradecemos de novo a Elías e Sara a súa presenza, colaboración, paciencia e bo facer cos nosos rapaces e rapazas. Ver fotos clicando na imaxe.
O xoves 14 de novembro, participamos na competición de atletismo celebrada en Expourense con motivo da Feira Sportur 2019. Participamos con 2 equipos benxamíns e 2 alevíns. Competimos nunhas magníficas instalacións e pasámolo en grande xunto con moitos outros colexios da nosa comarca e tamén da do Ribeiro.
Os nosos atletas tiveron actuacións moi destacadas, tanto a nivel individual como por equipos. Podedes ver aquí as fotos do evento.
O mércores 30 celebramos a Festa do Samaín. E ademais da espectacular exposición de castelos terroríficos durante toda a semana, o propio mércores tivesmo diversas actividades:
Obradoiro de maquillaxe/pintacaras.
Obradoiro de manualidades de Samaín.
Obradoiro de creación de marcapáxinas de medo.
Circuíto terrorífico no ximnasio.
Curtas de medo pola tarde.
Ademais, en cada obradoiro, cada grupo ía recollendo unha chave, co fin de atopar a correcta que servise para abrir o maletín no que os trasnos agocharan a chave do comedor...
Comezamos xa coas mochilas viaxeiras deste curso...!! E así, cos contos de Pedro Brandariz e cas mochilas viaxeiras, damos por concluídos os actos de apertura da biblio e tamén a celebración do Día das Bibliotecas. Felices lecturas!!!
Hoxe mércores, 23 de outubro, realizamos o acto de apertura da biblioteca escolar, e para elo contamos coa presenza de Pedro Brandariz, coñecido humorista pola súa participación habitual en programas como Luar, da TVG.
Contou varias historias que tiñan como valor fundamental a igualdade de xénero, e algúns alumnos participaron como actores e actrices protagonistas de ditos contos. Pasárono estupendamente!!
Hoxe luns celebramos o Día do hóckey cunhas clases maxistrais de Yaseen, ex-xogador profesional, olímpico en Barcelona'92 coa selección nacional de Pakistán, e actualmente entrenador do Clube de hóckey Cidade de Ourense.
De 1º a 6º de primaria, aprendimos os fundamentos básicos deste deporte e divertímonos moito!
Actividades para celebrar a semana e o Día Europeo do Deporte Escolar:
Coreografía do tema "O esqueleto" do grupo Migallas. de luns a venres pola mañá, antes de entrar a clase, nas filas, todos (de infantil a sexto) bailamos un tema que anima a moverse. Así, varias alumnas de sexto curso colócanse unha diante de cada fila para dirixir a coreografía previamente aprendida na clase de Ed. Física e elaborada polos propios alumnos.
Olimpiada tradicional: o venres 27, para celebrar o Día europeo do deporte, levamos a cabo unha serie de xogos tradicionais.
Baile de todo o colexio no patio. Como colofón desta semana deportiva, ao rematar a olimpiada tradicional, alumnado e profesorado bailamos ao ritmo da canción do esqueleto practicada durante toda a semana.
Sesión de fotos cos cartaces e os hashtag/etiquetas/cancelos alusivos a este día, e que foron elaborados durante as clases de plástica.
Aquí as fotos da Olimpiada Tradicional do día 27 e da sesión de fotos final cos hashtag correspondentes. (Picade na imaxe para ver as fotos. Máis abaixo tedes un vídeo resumo e ao final un vídeo da coreografía).
O pasado martes, 24 de setembro, recibimos unha visita moi especial: Braulio, un dos irmáns Bolechas. Veu a gravar o seu programa Braulio Tuber, que se emitirá próximamente na TVG. Avisarémosvos cando se vaia a emitir.
Braulio entrevistou ao alumnado de 5º e 6º curso de primaria, e posteriormente saudou a todos no comedor... Foi moi divertido!
A ANPA, en colaboración co concello de Amoeiro, oferta este ano no colexio o servizo de: "Acollida Temperá". Así, as familias que o necesiten, poderán deixar aos seus fillos/as antes do inicio das clases; concretamente de 8:00 a 10:00 da mañá (ou ata as 9:15 nos meses de setembro e xuño).
É importante que se consolide este servizo para fixar máis alumnado no centro e que as familias poidan conciliar mellor a súa vida familiar coa laboral.
O Claustro de Profesores do centro recomenda unha alimentación sa e equilibrada, evitando o consumo excesivo de pastelaría e produtos pouco saudables. Para isto, propón a seguinte táboa de comida para o recreo, tanto para Educación Infantil coma para Educación Primaria: