Skip to Content

Iria e Lidia, premiadas no concurso do 8M

O pasado 28 de marzo entregáronse os premios do concurso de debuxo infantil "Enchemos de cor a Mancomunidade", organizado polo CIM Mancomunidade Sta. Águeda. Parabéns a todos os participantes, especialmente ás nosas alumnas Lidia e Iria, que foron dúas das premiadas.

Ver fotos aquí.

Xogando ao atletismo 2022 (alevíns)

O pasado xoves 10 de marzo, disputouse no pavillón de Amoeiro o campionato comarcal de "Xogando ao atletismo" en categoría alevín, coa participación do noso centro e 5 colexios máis.

Foi outra gran mañá deportiva onde as carreiras, os saltos e os lanzamentos serviron para que o alumnado alevín disfrutase do atletismo adaptado á súa idade.

Xogando ao atletismo 2022

O pasado xoves 3 de marzo, disputouse no pavillón de Amoeiro o campionato comarcal de "Xogando ao atletismo" en categoría benxamín, coa participación do noso centro e 6 colexios máis.

Foi unha fermosa mañá deportiva onde as carreiras, os saltos e os lanzamentos serviron para que o alumnado disfrutase do atletismo adaptado á súa idade.

ENTROIDO 2022

Fotos dun Entroido moi espacial en Planeta Amoeiro.

 

Admisión alumnado: curso 2022-2023

 

A partir do 1 de marzo comeza a reserva de praza nos centros educativos.

IMPORTANTE:

O ALUMNADO QUE XA ESTÁ ESCOLARIZADO NO CENTRO NON NECESITA REALIZAR RESERVA DE PRAZA NIN MATRÍCULA PARA O SEGUINTE CURSO.

Ordes do meco- 2022

Luns, 21 de febreiro

Se ben te queres guiar

unha estrela has de levar.

Martes, 22 de febreiro.

Unhas antenas portarás

e con elas te conectarás.

Mércores, 23 de febreiro.

Unhas botas reflectantes,

serían moi interesantes...

Xoves, 24 de febreiro.

Un colar interestelar

que te poida transportar.

Venres, 25 de febreiro.

E xa para rematar

co teu DISFRACE vas impresionar!

Día da Paz 2022.

Murais, cancións e bailes foron os protagonistas no Día da Paz 2022.

Árbore de Nadal cos nosos "renos" e "noeles"

No Nadal do 2021 elaboramos a árbore de Nadal con divertidas fotos do noso alumnado.

Ver fotos.

Felicitamos o Nadal con postais

Os alumnos/as de infantil e primaria elaboraron postais de Nadal para felicitar as festas. Así, a cada neno/a chegaralle a súa casa unha felicitación navideña dun compañeiro/a do cole. Así que... estade atentos/as! Polo que sei, nalgunhas casas xa chegaron.

Tamén, para ambientar o cole por estas datas, os/as mestres/as e o alumnado decoraron as portas das aulas. Que ben quedaron!

Visita de Papá Noel

Un ano máis e, grazas a ANPA, no colexio de Amoeiro tivemos unha visita moi especial: a visita de papá Noel. 

 https://photos.app.goo.gl/qNEusYorRftQ92V57

Casiñas de Nadal

Este ano a decoración de Nadal do cole foron unhas fermosísimas casiñas que fixeron os nenos/as en compañía das súas familias. O resultado non puido ser máis marabilloso!!!

Para velas, ciclade no enlace.

Actividades lúdicas do Nadal de 2021

Hoxe, 21 de decembro, o alcalde de Amoeiro invitou a todos os nenos/as do centro a inagurar os xogos que terán no pavillón neste Nadal: pista de xeo diferentes inchables adaptados para diferentes idades. A diversión está garantizada!

Podedes ver as fotos clicando no enlace.

Ecopercusión

O martes 16 de novembro participamos nun obradoiro de percusión a partir de materiais de refugallo onde o alumnado gozou creando distintas composicións musicais a través do ritmo, guiados por un gran mestre da escola Ecopercusión.

https://photos.app.goo.gl/MpCjAnqsPfeCZWc49

 

 

Ecopercusión

Distribución de máscaras primaria

Orde que regula:

Requisitos:

Distribuir contido


by Dr. Radut