Skip to Content

Exposición e obradoiros de fin de proxecto dos escritores.

Como fin do proxecto documental integrado anual dos escritores, programamos unha exposición dos libros cooperativos creados polo alumando durante o curso así como unha serie de obradoiros e actividades relacionadas.

Obradoiros de benestar

O noso novo Plan de Benestar emocional ten como obxectivo promover unha contorna emocionalmente saudable e respectuosa que fomente o desenvolvemento de habilidades sociais e emocionais nos nosos pequenos e pequenas, cultivando así unha base sólida para o seu benestar e convivencia.

Así, no marco deste Plan de Benestar programamos unha serie de obradoiros que se desenvolveron na derradeira semana do curso.

Ver fotos clicando na imaxe.

Proxecto Podcast

No 3º trimestre embarcámonos nun pequeno proxecto de gravación de podcasts relacionados co noso proxecto anual dos escritores/as. Así, gravamos entrevistas con algúns protagonistas dos nosos contos, como o lobo feroz, e tamén audiolibros de diversos contos da nosa biblioteca. Pincha na imaxe para ver as fotos.

Obradoiro de decoración de neumáticos.

No 3º trimestre o alumnado de 5º e 6º de primaria traballou na decoración de neumáticos usados de cara a que os máis pequenos os poidan usar no recreos e tempos de lecer.

 

Contacontos en infantil con Sabela Gago.

Fotos da sesión de contacontos que puido disfrutar o alumnado de infantil coa sempre fantástica Sabela Gago.

Día da nena na ciencia + proxecto "A que lle temos medo"

Aquí podedes ver as fotos de dúas actividades que quedaran pendentes de publicar durante o curso:

Día da nena na ciencia

 

Proxecto "A que lle temos medo" realizado polo Samaín en infantil. Máis fotos clicando na imaxe.

MUV (Museo virtual da Fundación Mª José Jove)

Este curso, o alumnado de Educación Infantil e 1° ciclo de E.P. tivo a sorte de participar no MUV, o museo virtual, unha iniciativa da fundación María José Jove, que pretende achegar a arte e a cultura ás escolas do rural dun xeito interactivo a través das novas tecnoloxías.

No álbum de fotos podedes ver todas as actividades que realizaron.

Festival de fin de curso - xoves 20 de xuño

 

Excursión ao Grove (fin de curso 2024).

 Fotos da excursión ao Grove clicando na imaxe.

Obradoiro de imprenta creativa con Alouette Machine.

Dentro do noso proxecto de centro sobre as escritoras e escritores de contos, fai uns días puidemos facer unha viaxe ao pasado e ver como se facían antes os libros. E todo sen saír do cole, grazas ao obradoiro de imprenta creativa que levou a cabo Alouette Machine.

Alouette Machine é un proxecto mutante e errante. Unha imprenta impulsada por un motor de cinco cilindros. Un espazo de creación, papel, palabras, poesía, fugas e paixóns, rabia e dúbidas. Letras centenarias de madeira, chumbo, tinta, prensas, rabia humana e presión animal (ou viceversa).

Teatro polas Letras Galegas coa Xanela do Maxín.

Fotos da sesión de teatro e títeres que tivemos polas Letras Galegas coa Xanela do Maxín.

p

Axuda a libros de texto e material escolar - 2024-2025

Na seguinte Orde está toda a información sobre as axudas a libros de texto e material escolar:

 

Orde do 7 de maio de 2024 

No adxunto aparece un resumo dela.

 

Charla sobre medio ambiente co Seprona.

Charla sobre protección e conservación do medio ambiente con axentes do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil.

Educación vial coa Garda Civil de Tráfico.

Xornada de Educación vial coa Garda Civil de Tráfico para todo o alumnado do centro.

Desta volta tivemos unha charla previa, desfrutamos dunha das motos da patrulla de tráfico que nos acompañou, e finalmente baixamos ao pavillón para participar no circuíto de educación vial montado por Protección Civil, con patinetes, bicis, patíns e incluso karts.

Xornada de piragüismo en Castrelo de Miño.

O pasado 8 de maio, o alumando de 6º de primaria disfrutou dunha xornada diferente no Clube Náutico de Catrelo de Miño. Practicaron piragüismo e aprenderon a facer diferentes nós (lazos ou nudos), con merenda posterior á beira do río.

portada

Distribuir contido


by Dr. Radut