Skip to Content

Magosto 2022

No Magosto deste ano tivemos fogueira e todo!

Podedes ver todas as fotos na seguinte ligazón: https://photos.app.goo.gl/sxkz9gcz4XUBsDWq5

Autorización do día non lectivo

Resolución da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Cultura, Educación e Formación Profesional e Universidades da autorización do día non lectivo.

Samaín 2022

Polo Samaín tivemos obradoiros de tatuaxe, manualidades, baile, contacontos entre nenos e xogos varios.

Día das bibliotecas con Xabier Domínguez.

Este ano celebramos o Día das bibliotecas coa colaboración do noso profe Xabi, que ademais é o autor dos libros de Naturizo!!! Con Xabi tivemos contacontos e aprendimos unha morea de cousas, entre outras, como se fai un libro dende o principio ata o final. Ver fotos.

 

Exposición de pantasmas (Samaín 2022)

 Fai clic aquí para ver o álbum da exposición de pantasmas do alumnado.

Parabéns un ano máis ás familias pola súa participación e creatividade!

Renovación Consello escolar 2022

No arquivo adxunto aparecen as datas e as distintas actuacións que se levarán a cabo nelas.

Pagamento da taxa do comedor

As familias que teñades que aboar o comedor escolar dos vosos fillos/as tedes dúas opcións:

- Ir ao banco e facelo de maneira presencial.

- Facelo de maeira telemática a través de internet. Se optades por esta opción, no ADXUNTO, indícavos como facelo.

Fotos do pasado fin de curso 21-22

Poñemos aquí as ligazóns aos diversos álbumes que faltaban por subir á web:

Primeiros días de cole - curso 22-23

Fotos dos primeiros días de cole - curso 22-23:

https://photos.app.goo.gl/KiYEfFz6GM4DAP136

Talleres en Amoeiro: manualidades e contacontos

Posposta a reunión de 3º e 4º de primaria

AVISO PARA AS FAMILIAS 3º/4:

Como aínda non hai nomeado/a ningún mestre/a para este curso, queda posposta (adiada) a reunión prevista para o mércores 7 de setembro.

Perdoade as molestias.

Listaxe de material por cursos- curso 2022-2023

Curso: 2022-2023: reunións cos titores/as

As reunións cos tirores/as neste curso escolar son:

- 6 de setembro:

  • Educación infantil: ás 11:00 na zona filas. As titoras son:

          - 4º/5ºA de educación infantil: Yira Rodríguez Novoa.

LISTAXE DEFINITIVA FONDO SOLIDARIO

Publicouse no taboleiro do centro a LISTAXE DEFINITIVA do fondo libros de 3º e 4º de educación primaria.

A recollida dos mesmos farase no mes de setembro.

SOLICITUDE COLABORADORES/AS COMEDOR

Aberto o prazo para ser colaborador/a do comedor escolar para o vindeiro curso escolar: 2022-2023. As prazas a cubrir son 5.

As solicitudes podédelas enviar ao correo electrónico do colexio ou entregalas no centro educativo.

Distribuir contido


by Dr. Radut