Skip to Content

Charla-exposición de cruceiros.

Durante unhos días do mes pasado tivemos no colexio unha exposición de fotos e cruceiros de madeira, así como unha breve charla para cada grupo de primaria.

Día da árbore 2023

Álbum de fotos do Día da árbore celebrado no cole coa plantación de árbores e a colocación de casiñas-niño para os paxaros.

Xornada lúdica de fin de trimestre.

Fotos dos xogos realizados durante o derradeiro día do trimestre.

 

Buscando ricos ovos de pascua!!

Unha das actividades lúdicas de fin de trimestre foi a busca durante o recreo, de ovos de pascua agochados polo patio.

Caldo de Gloria para o Día de Rosalía.

Para o Día de Rosalía puidemos disfrutar no comedor do cole dun estupendo Caldo de Gloria, tomando como referencia o poema de Rosalía "Miña casiña, meu lar", de Follas Novas.

Día de Rosalía

Fotos da celebración do Día de Rosalía. (Pincha na imaxe).

 

Torneo comarcal de bádminton alevín.

Fotos do torneo comarcal de bádminton alevín disputado no Carballiño dentro do Programa XOGADE.

Bádminton co Clube Athlos.

A principios de marzo, o alumnado de 3º ciclo (5º e 6º de primaria), puido disfrutar de 4 estupendas sesións de iniciación ao bádminton con Sara e Olalla, xogadoras e entrenadoras do Clube Athlos de Ourense. Ademáis, na derradeira sesión repartiron agasallos varios entre o alumnado.

Obradoiro de xogos e bailes populares.

Obradoiro de xogos e bailes populares a cargo de Lito e a Asociación cultural Xaquín Lorenzo.

Obradoiro de cestería.

Obradoiro de cestería para infantil e primaria.

Actuación de Migallas polo 8M

Actuación de Migallas polo 8M:  "Elas pintan moito".

Clica na imaxe para ver o álbum completo.

ACTOS DO 8M - 2023

Clica na imaxe para ver todas as fotos do álbum do 8M.

Vídeo 8M_"Chea de vida" en lingua de signos.

Para o Día da muller tomamos prestada unha fermosa canción de #guadigalego

e conmemoramos así o 8 de marzo, xunto con outras actividades.

Participou todo o alumnado do cole, guiado pola profe Cris.

Obradoiro-degustación de queixos.

Fotos do obradoiro-degustación de queixos Feijóo, empresa recoñecida nacional e

internacionalmente pola calidade dos seus produtos. Clica na foto para velas todas.

DESFILE DO VENRES DE ENTROIDO 2023

Fotos do desfile no venres de Entroido. Clica na foto para velas todas.

Distribuir contido


by Dr. Radut