Skip to Content

Educación física

Torneo comarcal de minibalonmán 2019

O pasado mércores participamos no torneo comarcal de minibalonmán, no que obtivemos un meritorio 4º posto, cunha gran actuación das nosas rapazas e rapaces. Parabéns a tod@s!! Clica na imaxe para ver as fotos.

Fase comarcal de campo a través - 2019

O pasado mércores 16 de xaneiro disputouse a final comarcal de campo a través, cun novo éxito de participación e con destacadas actuacións das nosas atletas.

Así, ademáis das medallas obtidas por Paula e Marta, o equipo alevín feminino (4º e 5º de primaria), quedou campión comarcal e clasifícase para o campionato provincial.

Tamén Pablo Díaz e Cíes Valentín clasificáronse individualmente para o provincial ao meterse entre os oito primeiros clasificados da súa categoría.

Parabéns a todos eles!!

O álbum de fotos está dispoñible picando na imaxe.

San Martiño 2018 en Ourense

Orgullosos das nosas e dos nosos atletas, cos que hoxe disfrutamos dunha estupenda xornada deportiva en Ourense na carreira do San Martiño.

Podedes ver as fotos clicando na imaxe.

5º e 6º practican primeiros auxilios.

No penúltimo día deste curso 2017-18 contamos de novo coa presenza de Sara e máis Elías para impartir unha práctica de primeiros auxilios ao alumnado de 5º e 6º de primaria. Agradecémoslles unha vez máis a súa colaboración e contamos con eles para vindeiras ocasións.

Xogando ao atletismo_2018

O martes 22 de maio, participamos no Campionato comarcal da actividade "Xogando ao atletismo", na que os nosos alumnos e alumnas disfrutaron dun espectacular día de sana competición interescolar.

Tivemos actuacións moi destacadas, especialmente en salto horzontal e relevos con valos. Ademais, na clasificación xeral, quedamos quintos en categoría benxamín e terceiros en alevín. Parabéns a tod@s!!

Accede ás fotos clicando na imaxe.

Torneo minibalonmán A.D. Arenteiro-2018

O mércores 25 de marzo tivo lugar o Torneo anual de minibalonmán alevín no polideportivo Paco Chao do Carballiño. Participaron un total de 7 equipos de centros da comarca do Arenteiro, conseguindo o noso colexio un meritorio 4º posto, ademais dun comportamento e actitude estupenda, coma sempre. Parabéns a todos os participantes. Pinchade na imaxe para ver as fotos.

Torneo fútbol-sala 2018

Hoxe martes, 17 de abril, os benxamíns e alevíns do noso centro participaron no torneo de fútbol-sala co colexio de Cambeo. Foi un torneo diferente ao habitual, xa que en cada equipo había unha mestura de alumn@s de ambos colexios. Así, case 200 rapaces participaron neste evento no que a convivencia e a diversión foron os principais obxectivos.

Xornada de EDUCACIÓN VIAL 2018

Para ver as fotos da xornada de educación vial do pasado luns, 19 de marzo, clicade na imaxe.

Campionato comarcal de bádminton 2018

Hoxe mércores, 7 de marzo, o noso colexio participou con outros 5 centros da comarca no campionato comarcal de bádminton alevín, no que o pasaron moi ben, competiron con deportividade e aínda por enriba, Saray Carneiro conseguiu medalla ao quedar 3ª clasificada comarcal. Parabéns a todos os participantes.

XORNADAS DE XOGOS POPULARES 2018

Fotos das xornadas de xogos populares que tivemos no centro durante este mes, impartidas por Lito, do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo.

Nestas xornadas os nenos puideron aprender e difrutar con xogos e enredos tradicionais como a birolla, os bolos/birlos, xoguetes feitos con canas ou con material de refugallo...

 

Campo a través 2017 - (1ª xornada)

Gran xornada deportiva a pesares do intenso frío que nos acompañou no Puzo do Lago.

Parabéns a tódolos participantes do noso cole, que ademais da excelente actitude, lograron destacadas actuacións, e ata conseguiron 3 medallas!

Podedes ver as clasificacións na web da Agrupación Deportiva Arenteiro.

E as fotos clicando na imaxe.

Excursión fin de curso 2017

Xa podedes ver as fotos da excursión realizada o luns 19 de xuño ao Centro de Ocio Acougo, de Vilamarín, onde os rapaces puideron facer gymkanas, slackline, andainas, paseos en barca, lanzarse por unha tirolina (hai algún vídeo, e subiremos algún máis), xogar con distintos animais...

TORNEO COMARCAL DE MINIBALONMÁN (maio-2017)

Xogando ao atletismo 2017

O xoves 25 de maio participamos na competición de atletismo infantil da comarca do Arenteiro, que se celebrou no polideportivo de Cea, onde pasamos unha bonita mañá de deporte e convivencia.

Pasámolo xenial, e conseguimos o 1º posto en alevíns e o 2º en benxamíns. Parabéns a todos os participantes, e en particular aos nosos alumnos polo seu bo comportamento, o seu esforzo e o gran resultado que obtiveron.

Aquí podedes ver as fotos e tamén un vídeo-resumo da actividade.

 

Obradoiro de xogos ao aire libre

Fotos do obradoiro de xogos ao aire libre organizado no derradeiro día do 2º trimestre.

Distribuir contido


by Dr. Radut