Skip to Content

Campo a través 2023 (Fase comarcal)

Fotos do campo a través comarcal celebrado este ano na Veronza (Ribadavia) debido ás malas condicións nas que se atopaba o Puzo do Lago polas chuvias.

Foi unha estupenda xornada de deporte e convivencia na que o equipo do cole obtivo dúas medallas en categoría alevín, ademais de outras grandes actuacións, conseguindo rematar a carreira todos os nosos participantes. Parabéns a tod@s!!

Coñecendo a ximnasia rítmica

Clase de ximnasia rítmica para todo o alumando do cole!!

Magosto 2023

Carreira do San Martiño, unha morea de xogos e bailes, chourizos e castañas foron os ingredientes principais do noso Magosto deste ano.

Día das bibliotecas escolares.

Día das bibliotecas na que tivemos contada de contos polos propios nenos

e posta en marcha das mochilas viaxeiras.

Exposición de gatos negros polo Samaín.

Fotos da fantástica exposición de gatos negros realizada no centro coa colaboración e inmensa creatividade (un ano máis) das familias do noso alumnado. Grazas e parabéns!

Días non lectivos

Autorizados os días NON LECTIVOS elixidos neste centro pola Xefatura Territorial de Ourense:

- 29 e 30 de abril de 2024

 

Samaín 2023

Fotos do noso Samaín picando na imaxe. Tivemos obradoiros de baile, tatuaxes, manualidades, xogos...

Visita de Menchu Lamas e Antón Pulido ao noso museo.

Fotos da visita de Antón Pulido Nóvoa e Menchu Lamas ao noso museo. Agradecidísimos pola visita na que puidemos ensinarlle as creacións dos nenos e nenas e preguntarlle pola súa vida e obra.

.

Primeiros días - curso 23-24.

Material para o curso 23-24

Nos arquivos adxuntos aparece a lista de material que se precisa por curso.

Reunións coas familias- curso 23-24

Data de reunión coas familias:

EDUCACIÓN INFANTIL:

Xoves ás 11:00 horas, na zona filas (reunión conxunta coas dúas titoras).

EDUCACIÓN PRIMARIA:

  • 1º de educación primaria: xoves, 7 de setembro, ás 11:00. Titora: Mª Cinta Paz Alonso. Lugar: aula seguinte á clase de 6º de EI.
  • 2º de educación primaria: xoves, 7 de setembro, ás 11:00. Titora: Begoña Rodríguez Álvarez. Lugar: aula seguinte á de 1º de EP.
  • 3º de educación primaria: xoves, 7 de setembro, ás 12:00. Titora: Esperanza Martínez Bayón. Lugar: sala azul.
  • 4º de educación primaria: xoves, 7 de setembro, ás 12:00 (pendente de confirmar pola titora, xa que non é seguro). Titora: Lorena Fernández Rodríguez. APRAZADA ATA NOVO AVISO.
  • 5º/6º de educación primaria: xoves, 7 de setembro, ás 12:00 horas. Titor. Miguel Blanco García. Lugar: de non poder utilizar a súa aula, utilizaríase a aula Pulido.

Agradecemento ao Concello

Desde mediados do mes de xullo, o centro conta cun encerado ao aire libre para que o alumnado, que así o desexe, o utilice nas horas de lecer.

Unha vez máis:  GRAZAS pola vosa colaboración!!!

Solicitude colaborador ou colaboradora de comedor- curso 2023-2024

No adxunto aparace o modelo a cubrir para que, os que así o soliciten, poidan optar a colaborar no comedor para o vindeiro curso. As prazas a cubrir son 5 e priorizarase aquelas nais ou aqueles pais que NUNCA foran colaboradores ou colaboradoras de comedor.

Listaxe definitiva fondo libros- curso 2023-2024

No taboleiro do centro está dispoñible a listaxe definitiva do fondo solidario de libros de texto para 3º e 4º de primaria. 

 

Comedor- modelo de autodeclaración

Está dispoñible o modelo de autodeclaración do comedor para o vindeiro curso. Podedes descargalo, cubrilo e envialo por correo electrónico ou entregalo no centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut