Skip to Content

Educación física

Torneos deportivos de fin de curso (Xogade)

Co obxectivo de compensar en parte a falta de deporte escolar na comarca pola covid19, programáronse 3 torneos de xeito interno para os últimos días de curso (ademais dunha liga de bádminton en 2º e 3º ciclo durante o curso).

Fotos dos torneos de fin de curso:

https://photos.app.goo.gl/uNXxqAMou2XVom347

1º ciclo: carreiras de sacos.

2º ciclo: velocidade 60 metros.

3º ciclo: I Torneo de bádminton CEIP Otero Pedrayo.

 

Obradoiro de xogos populares.

Fotos do obradoiro de xogos populares realizado no mes de abril. un obradoiro que solicitamos todos os anos ao Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo.

https://photos.app.goo.gl/aWYY5KdSZ5f59TsSA

Jerusalema Dance _ 5º-6º de primaria

JERUSALEMA DANCE 2020 - Vídeo canción traballada en Música e Educación Física polo alumnado de 3ro ciclo (5º-6º EP) durante a semana previa ao Nadal, para compensar a falta do festival deste ano por mor da covid19.

MAGOSTO 2020

Celebración do Magosto con actividades varias:

  • Carreiras do San Martiño.
  • Xogos tradicionais como a ra, e outros con landras e castañas como protagonistas.
  • Obradoiros de manualidades.
  • E no comedor, degustación de bolos preñados e castañas asadas.

O deporte non ten xénero.

Compartimos este vídeo da Asociación de desenvolvemento rural da comarca de Ourense (ADERCOU).

Pola igualdade e a coeducación. O deporte non ten xénero.

Pilates para tod@s.

Últimas propostas de exercicio físico deste curso:

O pilates é similar ao ioga, pero máis activo, polo que cansa máis. É ideal se che gusta o ioga pero che parece demasido lento ou aburrido.
Probade a facer algún dos vídeos seleccionados. Aínda que o ideal é facelo con alguén, tamén se pode facer de xeito individual perfectamente.

E lembrade que se vos animades, podedes enviar fotos ou vídeo a un destes correos: buxaina@gmail.com   miguelbg@edu.xunta.es ou por whatsapp ao número: 683 25 26 76.

 Hai propostas para todas as idades:

 

 

 

ACTIVILANDIA (web de Educación Física para primaria)

Propoñemos que exploredes a web seguinte:

http://www.activilandia.aecosan.msssi.gob.es/index.html

É unha páxina do Ministerio de Sanidade sobre diversión sana, tanto dende un punto de vista nutricional, como físico i emocional.

Inclúe diversas actividades, vídeos e xogos.

Opcionalmente podedes enviar comentarios por mail ou whatsapp, por exemplo sobre a parte da web que máis lle gustou ao neno/a ou a vós mesmos.

Correo electrónico miguelbg@edu.xunta.gal

Whatsapp: 683 25 26 76

ACTIVIDADE DE EDUCACIÓN FÍSICA para primaria.

A actividade consiste en ver o vídeo de abaixo e tentar superar algún dos retos propostos. É para primaria, pero infantil tamén pode intentalo.

Opcionalmente, podedes completar a tarefa de varias formas:

- Comentando que retos intentou ou superou o neno/a a través de do correo electrónico miguelbg@edu.xunta.gal

- Facer unha foto ou gravar ao neno/a realizando algún dos retos (aínda que non o supere) e envialo a miguelbg@edu.xunta.gal , ou por whatsapp ao número 683 25 26 76.

- Tamén podedes enviar algún vídeo dos nenos, que gravárades bailando ou realizando algunhas das actividades propostas para Educación Física ao principio da corentena. (Eran estas >>>> https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippedraioamoeiro/?q=node/478 )

Obradoiro de xogos populares

O venres 7 de febreiro disfrutamos con Lito do obradoiro de xogos populares, que solicitamos, un ano máis, ao Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo. Ao longo da mañá participou todo o alumnado de primaria, practicando diferentes xogos e brincadeiras como a chave, a billarda ou os zancos.

1ª xornada de campo a través 2019

Gran xornada deportiva a pesares do frío que nos acompañou no Puzo do Lago o pasado mércores, 4 de decembro.

Parabéns a tódolos participantes, en especial aos do noso cole, que ademais da excelente actitude, lograron destacadas actuacións, e ata conseguiron 4 medallas (Pablo Díaz, Mario, Borja e Lara Vquez.) !

Acceso ás fotos clicando na imaxe.

Xogando ao atletismo Sportur 2019

O xoves 14 de novembro, participamos na competición de atletismo celebrada en Expourense con motivo da Feira Sportur 2019. Participamos con 2 equipos benxamíns e 2 alevíns. Competimos nunhas magníficas instalacións e pasámolo en grande xunto con moitos outros colexios da nosa comarca e tamén da do Ribeiro.

Os nosos atletas tiveron actuacións moi destacadas, tanto a nivel individual como por equipos. Podedes ver aquí as fotos do evento.

Magosto 2019

O pasado venres, 8 de novembro, celebramos a tradicional festa do Magosto con... :

  • Manualidades relacionadas co outono.
  • Carreira pedestre do San Martiño.
  • Xogos populares con froitos do outono.
  • Menú a base de chourizos e castañas.

Podedes ver todas as fotos picando na imaxe.

Día do hóckey

Hoxe luns celebramos o Día do hóckey cunhas clases maxistrais de Yaseen, ex-xogador profesional, olímpico en Barcelona'92 coa selección nacional de Pakistán, e actualmente entrenador do Clube de hóckey Cidade de Ourense.

De 1º a 6º de primaria, aprendimos os fundamentos básicos deste deporte e divertímonos moito!

Xogando ao atletismo 2019

O pasado mércores, 8 de maio, participamos na competición comarcal de atletismo en Carballiño. Disfrutamos dunha gran xornada deportiva na que o pasamos estupendamente, e ademais acadamos uns excelentes resultados nas 2 categorías a pesares de competir con colexios con moito máis alumnado:

Categoría benxamín:  4º posto por equipos empatados co 3º, con actuacións destacadas de Aitana, campiona en multisaltos; Leire, 3ª clasificada en lanzamento de peso;  e Pablo Díaz, 2º clasificado en salto de lonxitude.

Categoría alevín: campións por equipos (1º posto); con actuacións destacadas de Marta e Paula (campiona e subcampiona en salto de lonxitude); Adriana e Saray (2ª e 4ª en lanzamento de peso); Cíes e Hugo (3ª e 5º en lanzamento de xavelina)...

Ademais, Antía, Irene e Raúl prestáronse voluntarios para colaborar no control de puntuación das probas, e realizaron con solvencia as tarefas encomendadas.

Parabéns a todos eles!!

Clicade na imaxe para ver as fotos.

Convivencia de fútbol 7 en Cenlle.

O xoves, 2 de abril, participamos nunha convivencia de fútbol cos colexios de Maside, Cambeo e Cenlle. Distrutamos dun gran día de sol, deporte e convivencia, con remate final en forma de xantar campestre na área termal de Cenlle, a cuxo concello agradecemos a colaboración para ceder as instalacións e adquirir os trofeos do evento.

Distribuir contido


by Dr. Radut