Skip to Content

Educación física

Iniciándonos no IOGA

Campionato "Xogando ao atletismo" 2023

 

Torneo minibalonmán A.D. Arenteiro 2023.

Fotos torneo minibalonmán intercentros celebrado no Carballiño dentro do programa Xogade. (Clic na imaxe para ver as fotos).

Facemos capoeira con Adel para celebrar o Día da Educación Física.

O alumnado de primaria puido disfrutar o mes pasado dunha estupenda sesión de capoeira con Adel, celebrando así o Día da Educación Física. Aprendemos moitas cousas sobre esta arte marcial que mestura danza, acrobacias e música.

Torneo comarcal de bádminton alevín.

Fotos do torneo comarcal de bádminton alevín disputado no Carballiño dentro do Programa XOGADE.

Bádminton co Clube Athlos.

A principios de marzo, o alumnado de 3º ciclo (5º e 6º de primaria), puido disfrutar de 4 estupendas sesións de iniciación ao bádminton con Sara e Olalla, xogadoras e entrenadoras do Clube Athlos de Ourense. Ademáis, na derradeira sesión repartiron agasallos varios entre o alumnado.

Obradoiro de xogos e bailes populares.

Obradoiro de xogos e bailes populares a cargo de Lito e a Asociación cultural Xaquín Lorenzo.

Estreando rocódromo!!

Esta semana por fin puidemos estrear o noso rocódromo!!!

Clicando na imaxe de abaixo poderedes ver as primeiras fotos de algúns dos nosos alumnos facendo uso desta nova instalación, que vai ofrecer outra alternativa de ocio e deporte para os recreos e para as clases de Educación Física. Ademais poden disfrutar dela dende os máis pequenos ata os de sexto de primaria.

Na seguinte ligazón podedes saber máis sobre os beneficios da escalada para os nenos.

A instalación foi financiada case íntegramente polas familias de alumnos do centro, tras unha iniciativa da ANPA do curso anterior, que se propuxo recadar o suma necesaria para facelo realidade. Por iso, dende o centro agradecemos á ANPA a colaboración prestada, e a súa aportación a todas as familias colaboradoras, especialmente a aquelas de nenos de 6º, que aportaron desinteresadamente, sabendo que os seus fillos non o ían disfrutar este ano porque xa están no instituto.

Sobre a instalación en si cómpre sinalar que:

  1. Foi realizada por unha empresa certificada, cumprindo con todos os estándares de seguridade requeridos.
  2. O custe da obra foi relativamente elevado debido a que o muro é de ladrillo, polo que hai que utilizar un taco químico especial, máis caro que o que ese usa para outro tipo de muros.

Agora a disfrutalo!!

Fase comarcal campo a través 2023

Clic na imaxe para ver as fotos do campo a través deste ano, onde Yasira Rodríguez obtivo medalla como segunda clasificada en benxamín feminino; e tamén Daniel Díaz e Camilo Requejo se proclamaron campión e subcampión respectivamente en categoría benxamín masculino. Parabéns, campións!! E tamén parabéns a todos os participantes, que sufriron unha incómoda choiva durante parte da mañá.

Convivencia co colexio de Boborás.

O pasado venres 27 de maio celebramos unha xornada de convivencia no noso centro. Foi entre alumnado de 1º ciclo do noso centro e 29 nen@s de 1º ciclo do CEIP de Xuvencos, de Boborás.

A xornada enmárcase dentro do programa Xogade (modalidade multixogo), no que participamos todos os anos. Organizouse en 7 zonas por onde o alumnado ía rotando e practicando distintos xogos, a maioría de tipo tradicional.

Torneo comarcal de bádminton - Arenteiro 2022

O 5 de abril disputouse o torneo comarcal de bádminton da Agrupación Deportiva Arenteiro, tras dous anos de parón pola pandemia. Foi no IES Chamoso Lamas (Carballiño), grazas ao profe Carlos, de Ed. Física, que este ano organizou estupendamente a actividade. Parabéns a el e a todos os participantes. Agardamos repetir o vindeiro ano!  Ver fotos.

Pupas, sustos e outros disgustos.

O pasado 4 de abril houbo sesión de primeiros auxilios para o alumando de 3º e 4º de primaria. Foi de novo, grazas ao programa do Sergas "Pupas, sustos e outros disgustos", promovido pola Área sanitaria de Ourense. Nel ensínase mediante o xogo, aos nenos e nenas, a reacciónar ante certas emerxencias e problemas de saúde.

Ver fotos.

Xogando ao atletismo 2022 (alevíns)

O pasado xoves 10 de marzo, disputouse no pavillón de Amoeiro o campionato comarcal de "Xogando ao atletismo" en categoría alevín, coa participación do noso centro e 5 colexios máis.

Foi outra gran mañá deportiva onde as carreiras, os saltos e os lanzamentos serviron para que o alumnado alevín disfrutase do atletismo adaptado á súa idade.

Xogando ao atletismo 2022

O pasado xoves 3 de marzo, disputouse no pavillón de Amoeiro o campionato comarcal de "Xogando ao atletismo" en categoría benxamín, coa participación do noso centro e 6 colexios máis.

Foi unha fermosa mañá deportiva onde as carreiras, os saltos e os lanzamentos serviron para que o alumnado disfrutase do atletismo adaptado á súa idade.

Distribuir contido


by Dr. Radut