Skip to Content

Charla de educación vial coa Garda Civil de tráfico.

O pasado luns visitounos unha patrulla da Garda Civil de tráfico para dar unha charla formativa

sobre educación vial en 5º e 6º de primaria. E a continuación puidemos ver o coche patrulla por

dentro e incluso montar nel.

r

Obradoiro de xogos tradicionais 2024

Fotos do obradoiro de xogos tradicionais a cargo de Lito e a Asociación cultural Xaquín Lorenzo

para o alumnado de 5º e 6º de primaria. Puideron aprender e disfrutar de xogos como a porca

(antigo xogo similar ao hockei actual), o pino, e tamén xogos de mesa coma o muíño ou o moco.

 

Exemplos da portada para o día do libro

Para o día do libro trátase de que o alumnado reproduza a portada do seu conto favorito.

Aquí tedes algúns exemplos:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Admisión alumnado - curso 2024-2025

Todo o alumnado que solicitou praza para o vindeiro curso no noso centro OBTIVO PRAZA.

A formalización da matrícula farase do 20 ao 30 do mes de xuño.

Avaliación de diagnóstico

Que é?

 

É unha avaliación do sistema educativo establecida na nova lei educativa estatal para todas as comunidades autónomas. Trátase dunha ferramenta para contribuír á mellora da calidade e da equidade da educación a través do coñecemento do grao de adquisición das distintas competencias por parte do alumnado.

Non é unha avaliación do alumnado. Polo tanto, non hai datos nin cualificacións individuais, non hai información que incorporar ao expediente académico do alumno/a e non existirán informes con orientacións individualizadas. En conclusión, a avaliación de diagnóstico non ten ningún efecto académico.

 

Que competencias se analizan?

 

Analizaranse as competencias matemática e en comunicación lingüística: Lingua Galega, Lingua Castelá e Lingua Estranxeira Alemán, Inglés, Francés e Portugués segundo a matrícula do alumnado).

A quen se dirixe?
A todo o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria de todos os centros educativos de Galicia.

Cando se realiza?

Realizarase durante os días 10 e 11 de abril de 2024.

Máis información no díptico

 

Escape room "Os números de Rosalía".

No penúltimo día do trimestre, o alumnado de 5º e 6º de primaria disfrutou dun xogo de escape ou escape room no que o obxectivo era conseguir a chave para poder saír da aula. A clave para atopar a chave estaba nun caixa pechada con candados de chave e candados de combinación numérica. Para abrir os candados de chave tiñan que coñecer e investigar sobre Rosalía de Castro, e para abrir os candados de combinación debían poñer a proba os coñecementos matemáticos adquiridos durante este curso.

Na busca do tesouro de Pascua!

Fotos do último día do trimestre, no que todo o alumando participou nunha busca do tesouro. En cada clase, tiveron que resolver un enigma que os levaría a un quebracabezas agochado polo cole adiante. Unha vez atopado tiñan que completalo e obter un dos números, que xunto cos do resto de clases, abrirían o candado que pechaba a caixa do tesouro... 

Estreando invernadoiro (por fin!!)

Fotos do invernadoiro por fin rematado, así como dos primeiros traballos realizados nel polo alumnado de 5º e 6º baixo a dirección da profe Bea.

Atletismo en Expourense.

Fotos da experiencia que supón practicar atletismo onde o practican os profesionais, nunha das mellores instalacións de España para este deporte.

ACTOS DO 8M + Día de Rosalía 2024

Este ano conmemoramos na mesma xornada o 8M e mailo Día de Rosalía, e tivemos unha morea de actividades que podedes ver no xornal e no Especial do Amoeiro noticias. Facede clic na imaxe para acceder a todas as fotos.

Amoeiro noticias: especial 8M

Gañadora do concurso do CIM - 8M

Onte, 11 de marzo, entregáronse os premios do IV CONCURSO "ENCHEMOS DE COR A MANCOMUNIDADE" do CIM (Centro de Información á Muller) da Mancomunidade de Santa Águeda. Este ano estaba dedicado a acercar ao alumnado a figura da muller rural galega.

A gañadora na categoría de 4º,5º e 6º de educación primaria foi para a nosa alumna Inés Ganado Álvarez de 5º de primaria. 

Moitos parabéns Inés!!!

 

 

 

 

 

 

 

Campións do "Xogando ao atletismo 2024" !!

O pasado xoves 7 de marzo disfrutamos dunha estupenda xornada de atletismo alevín, organizada polo noso cole no polideportivo municipal, competindo con outros 6 colexios da zona do Arenteiro. Houbo lanzamentos, saltos, carreiras, remudas (relevos) e moita diversión. Ademais, o noso alumnado realizou un excelente papel, conseguindo dominar diversas probas e traéndose para o colexio o trofeo de campións.

No apartado de agradecementos, temos que agradecer ao profesorado do resto de colexios a colaboración prestada, o mesmo que ao alumnado de 6º do noso centro, que colaborou en diversas tarefas ao longo de toda a mañá; e tamén á Asociación Medrando Amoeiro que aportou o necesario para unha saborosa pausa-café do profesorado.

Grazas a tod@s e parabéns ao noso alumnado e ao resto de participantes.

Campionato comarcal de bádminton 2024

O pasado venres 1 de marzo, o alumnado de 5º e 6º disfrutou dunha xornada de convivencia lúdico-competitiva en torno ao bádminton. Desenvolveuse no IES Chamoso Lamas de Carballiño, grazas á colaboración do profesorado de EF dese centro e ao seu equipo directivo, aos que agradecemos a organización e acollida para este evento.

As novas do Faragullas - 8M

Distribuir contido


by Dr. Radut