Un ano máis celebramos no centro o día das letras galegas cun festival no que participa todo o centro. Este foi o resultado. fai clic na imaxe para vetr as actuacións.
E tamén tivemos actuacións en inglés a cargo dos rapaces de 4º, 5º e 6º.
POSTAL DE NADAL CEIP OUTEIRO DAS PENAS
Preme na imaxe e poderás ampliala... a ver se recoñecedes algunha das figuras!!
Co Nadal chegan as Panxoliñas e o chocolate. Así que unha vez máis despedimos o trimestre cun festival de Panxoliñas no que entregamos os premios ás nenas e nenos gañadores do concurso de postais de nadal deste ano.
Polo de agora non podemos amosarvos as fotos e os videos das actuacións, pero si as da riquísima chocolatada con rosca preparada pola ANPA. Motísimas grazas polo voso traballo.
A NOSA HORTA
E para rematar preparamos o terreno de cultivo.
HALLOWEEN/SAMAÍN 2014:
O pasado xoves vivimos unha terrorífica xornada de Halloween!!! Neste video podedes ver un resumo do que deu de si o día.
E tamén tivemos unha sesión de contacontos a cargo de dous mestres do cole, que ofreceron unha mostra das aventuras que se agochan na biblioteca.
Seguimos co traballo do Proxecto Documental Integrado que, como sabedes, xira ao redor da horta e ten o título de "Cultivando lecturas". Desta volta foi o alumnado de 1º e 2º quen visitou o Mercado Municipal de Redondela. Alí, ademais de ver as diferentes seccións e tendas, os productos do mar e da horta, poideron mercar froitas e hortalizas para levar para casa. Toda unha aventura polo mercado!!!
Tamén o alumnado de 5º e 6º puido visitar o Mercado de Redondela e aprender moitas cousas interesantes coa exposición do segundo andar do mercado. E todo dentro do noso Proxecto sobre a horta, "Cultivando lecturas".
Guardar
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |