Curso 2020-2021

LETRAS GALEGAS 2021

Xa está aquí o Festival do día das Letras Galegas, adicado este ano a Xela Arias. Tendo en conta a situación actual provocada polo COVID, este ano cada aula preparou unha pequena actuación tal e como podedes ver premendo na seguinte imaxe.

 

MAIOS 2021

Seguindo coa tradición dos maios da nosa vila de Redondela e tendo en conta a situación actual provocada polo COVID, amosámosvos o traballo realizado no centro para celebrar os maios neste curso 2020-21.Todas as coplas de primaria foron feitas por cada unha das clases.

Preme na imaxe para ver un resumo e os vídeos das coplas. Para ver todas as fotos, preme AQUÍ.

 

DÍA DA MULLER TRABALLADORA 2021

 

Aquí tedes un vídeo da triatleta Susana Rodríguez, tres veces campiona do mundo de triatlón.

 

 

Aquí tedes un vídeo da triatleta Saleta Fernández, campeona de España de salto de altura.

 

 

ROSALÍA DE CASTRO 2021

O 24 de febreiro é o Día de Rosalía de Castro. No colexio non deixamos de festexar o seu 184 aniversario.

Aquí vos mostramos unha pequena recompilación do traballo feito polo alumnado. Premede na imaxe para ver o vídeo.

Sempre Rosalía!

XORNADA DE PORTAS ABERTAS DIXITAL.

Tendo en conta a situación actual provocada pola COVID-19, este ano non haberá xornadas de portas abertas presenciais, polo que na seguinte presentación amosamos as actividades que se realizan no centro, as instalacións e a nosa metodoloxía.

 

ENTROIDO 2021

XA ESTÁN AQUÍ OS BAILES DE ENTROIDO. Preme na seguinte imaxe para ver os bailes de entroido de cada clase.

Se queres ver as fotos individuais deste entroido, preme AQUÍ.

 

Esta semana levaremos a cabo os mandadiños do entroido que serán acumulativos día tras día, os cales podedes ver na seguinte imaxe.

 

Estamos preparando tamén os bailes de entroido, os cales se gravarán o vindeiro venres e estarán dispoñibles aquí na páxina web ese mesmo día. O alumnado ten na aula virtual un vídeo explicativo cos movementos de cada baile (na asignatura de Ed. física para os cursos de 1º a 4º e na asignatura de música para 5º e 6º). Preme en cada curso para escoitar a música.

DÍA DA PAZ 2021

Para celebrar o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, todo oa alumnado participou nunha gravación utilizando a canción "eso que tú me das" do grupo Jarabe de palo coa cal traballamos algúns dos valores propios da paz. Agardamos que vos guste. Preme na imaxe para ver o vídeo.

 

Ademáis, os nenos e nenas traballaron co conto "Orellas de bolboreta". Este ano foi especial e tivemos que gravalo de xeito individual. 

Ademais tamén fixeron un mural colaborativo entre todos! Premede na imaxe e verédelo!

 

NADAL 2020 - HORARIOS E PROGRAMACIÓN.

Queridas familias.

Tendo en conta a situación actual provocada polo COVID-19, este nadal 2020 no centro realizaremos unha serie de actuacións musicais que estarán programadas ao longo da mañá do vindeiro martes día 22 en cada unha das aulas. A diferencia doutros anos, será a cámara a que se mova por todas e cada unha das clases. A idea é realizar unha emisión en directo (streaming) a través da canle youtube do centro (sempre que técnicamente sexa posible e non haxa problemas de conexión, problemas técnicos...) Así, cada aula representará unha actuación musical a unha hora en concreto da mañá. Paralelamente realizarase unha gravación de cada actuación por se hai problemas coa emisión. Esta gravación estará igualmente dispoñible na páxina do centro ao longo do día 22.

 

HORARIO DAS ACTUACIÓNS. (Hora de comezo da actuación)

  • 10.00h - 6º infantil.
  • 10.15h - 5º infantil.
  • 10.30h - 4º infantil.
  • 10.45h - 1ºA
  • 11.00h - 1ºB
  • 11.15h - 2º
  • 11.30h - 3ºA
  • 11.45h - 3ºB
  • 11.50h - 13.00h Recreo e chocolatada con rosca (aportada pola ANPA)
  • 13.00h - 5ºA
  • 13.15h - 5ºB
  • 13.30h - 4ºA
  • 13.45h - 4ºB
  • 14.00h - 6º

 

EMISIÓN EN DIRECTO (STREAMING)

Para acceder á emisión en directo, simplemente hai que premer no canle de youtube do noso centro (sección superior no lateral dereito desta páxina) ou tamén premendo na seguinte imaxe. Unha vez dentro da canle de youtube do centro, premer por último no botón "en directo" para poder entrar en directo ás actuacións na hora marcada. Tratarase de ser o máis puntual posible.

Powered by Drupal - Design by artinet