Situación, O noso colexio, Organigrama, Consello escolar, Profesorado, Secretaría

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO

Dende o día 22 ata o 30 de xuño ábrese o prazo para a formalización de matrícula  do alumnado de novo ingreso.

Poden pasar polo centro en horario de mañán de 9:30h ata 14:00h.

AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023/2024

Publicada a convocatoria do fondo Solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso académico 2023/2024 (ORDE. do 10 de maio,DOG venres 19 de maio do 2023 ).

Prazo de presentación: Do 20 de maio ao 21 de xuño, ámbolos dous inclusive.

Beneficiarios: Alumnado de 1º a 6º de Educación Primaria.

Forma de presentación:

-Electrónica

-Presencial con asistencia da aplicación

-Presencial manual

Documentación:

-Solicitude (en documento adxunto)

-AnexoII (xa incluído na propia solicitude )

-Fotocopia do libro de familia

-De ser o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio onde conste a custodia do menor.

 

ANEXO SOLICITUDE

 

 

Situación

O CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas está ubicado en Cesantes, concello de Redondela, provincia de Pontevedra. A súa situación privilexiada a carón das Illas de San Simón e do monte de A Peneda fan do noso centro un lugar extraordinario pàra actividades ao aire libre e de interacción co medio natural.

Fai clic na imaxe para ver a situación do colexio.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS

Informamos que TODO o alumnado que realizou o proceso de admisión dentro do prazo ordinario está ADMITIDO.

A listaxe do alumnado está publicada no centro.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS

Informamos que TODO o alumnado que realizou o proceso de admisión dentro do prazo ordinario, está ADMITIDO.

O 16 de maio publicaranse as listaxes definitivas.

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN

TODO O ALUMNADO DA EEI SAN PEDRO QUE RESERVOU PRAZA NO NOSO CENTRO FOI ADMITIDO.

OBRADOIROS NA ESCOLA

CHARLAS IMPARTIDAS POLA ASOCIACIÓN ÉRGUETE, ORIENTADAS AO NOSO ALUMNADO DE 6º EDUCACIÓN PRIMARIA E AS SÚAS FAMILIAS

Powered by Drupal - Design by artinet