Situación, O noso colexio, Organigrama, Consello escolar, Profesorado, Secretaría

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO ACADÉMICO 2024/2025

Publicada a convocatoria do fondo Solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso académico 2024/2025 (ORDE. do 07 de maio 2024, D.O.G.A DO 20 demaio de 2024 )

Prazo de presentación: Do 21 de maio ao 21 de xuño, ámbolos dous inclusive.

Beneficiarios: Alumnado de 1º a 6º de Educación Primaria.

Forma de presentación:

-Electrónica

-Presencial con asistencia da aplicación

-Presencial manual

Documentación:

CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED330B

-Solicitude (en documento adxunto)

-AnexoII (xa incluído na propia solicitude )

-Fotocopia do libro de familia

-De ser o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio onde conste a custodia do menor.

   NON será necesario xuntar coa solicitude os  D.N.Is, N.I.Es, acreditacións de discapacidade expedidos pola Xunta, acreditacións de pensións por Incapacidade ou declaración do IRPF, sempre que non se sinale oposición a comprobación telemática pola administración ( para a declaración do IRPF requírese autorización expresa )art.12 da orde da convocatoria.

A administración poderá reclamar presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática.

ANEXO SOLICITUDE

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN ALUMNADO 2024/2025

Todas as familias que presentaron solicitude de admisión neste centro para o curso 2024/2025 foron admitidas.

A listaxe definitiva está exposta no interior do centro educativo.

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN CURSO 2024/2025

Hoxe, 25 de abril, publícanse as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso 2024/2025.

Poderáse acceder á información:

  • Presencialmente: as listaxes estarán expostas no taboleiro interior do centro.
  • Telemáticamente: a través da aplicación admisionalumnado utilizando a chave365 ou certificado dixital.

Ábrese un período de reclamación, contra esta resolución provisional ante o Consello Escolar, de 5 días hábiles dende o día seguinte desta publicación. Dende o 26 de abril ata o 3 de maio.

 

RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO ADSCRITO IES MENDIÑO 2024-2025

O alumnado de 6º de Educación Primaria, do noso centro, que desexe continuar a súa formación no centro adscrito IES MENDIÑO deberá realizar a reserva de praza.

 A presentación de solicitudes pode ser :

  •   Telemáticamente
    • Cubrir a solicitude , asinar e presentala  no Ceip Oteiro das Penas.
    • Cubrir   e asinar a solicitude telemáticamente na Sede Electrónica.
  •   Forma presencial
    • Cubrir a solicitude manualmente e presentar asinada  no  Ceip Outeiro das Penas. A solicitude levarana do centro

 

Prazo de presentación: 15 de xaneiro-5 de febreiro.

 

Consulta da listaxe de alumnado admitido

  • 22 de febreiro no taboleiro de anuncios do CEIP Outeiro das Penas ou na aplicación admisiónalumnado.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023/2024

A partir de mañán día 5 de xullo ata o día 7 de xullo inclusive poden vir a recoller ao centro os vales para libros e material escolar.
Horario: 10:00h -14:00h

Nota: Poden chamar antes ao centro para saber se llo concederon ou non.
Teléfono: 886120381

 

Powered by Drupal - Design by artinet