CIRCULAR INFORMATIVA PARA PROFESORES E PAIS DE ALUMNOS SOBRE O PROCESO DE ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO
Segundo a Resolución de 26 de setembro de 2016 da Dirección Xeral de Centros e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos Consellos Escolares de centros de ensino sostidos con fondos públicos.
Remítese información sobre normas e calendario electoral, co fin de dar cumprimento á citada Resolución.
· CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL
Membros: Director do centro, un profesor, un pai/nai/titor legal, designados por sorteo público, que se realizou o día 02 de novembro ás 09.30 h. na Secretaría do centro, quedando constituída o día 04 de novembro de 2016, ás 09:30 h.
· MEMBROS QUE SE RENOVAN NO CONSELLO ESCOLAR
CINCO profesores elixidos polo Claustro, CINCO pais, dos cales catro son elixidos por votación e un proposto pola ANPA do centro. Sendo aconsellable que queden alomenos tres máis como suplentes para cubrir posibles baixas que se poidan producir e UN representante do Concello.
· PROCESO ELECTORAL E CALENDARIO
Publicacións dos censos: 04.11.16
Reclamacións dos censos: ata o 14.11.16
Presentación de candidaturas: do 04.11.16 ata o 14.11.16 ás 14 h.
Segunda reunión da xunta electoral 15.11.16
Sorteo dos membros da mesa electoral: 15.11.16
Reclamacións: ata o 21.11.16 ás 14,30 h.
Resolución das reclamacións: 21.11.16 ás 17 h.
Proclamación de candidatos: 22.11.16
Claustro ordinario de Profesores: 22.11.16 ás 18,30 h. para lectura das normas do
Regulamento Electoral, así como a relación de candidatos.
DATAS DE CELEBRACIÓN DAS VOTACIÓNS
Pais de alumnos: martes 29.11.16 de 14 a 14:30 e desde as 16,30 ás 18 h.
. As candidaturas presentaranse por escrito (os impresos facilítanse na Secretaría do Centro).
. Cada elector fará constar na papeleta un máximo de TRES nomes.
. Teñen dereito ó voto o pai e a nai ou os titores legais.
. Para votar acreditarase a personalidade co DNI ou con outro documento oficial.
Profesores: martes 29.11.16 ás 18:30 h. en Claustro extraordinario.
· PROCLAMACIÓN DOS CANDIDATOS ELECTOS E PUBLICACIÓN DOS RESULTADOS
O día 30.11.16, a Xunta Electoral fará a proclamación dos candidatos electos polos distintos sectores da comunidade escolar e dará traslado das actas correspondentes ó Delegado Provincial da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
· CONSTITUCIÓN DO CONSELLO ESCOLAR
O día 13 de decembro, previa convocatoria .
Cesantes, 4 de novembro de 2016
A Directora