Coma este ano non podedes entrar no recinto escolar, aquí tedes un vídeo cos adornos que fixeron @s nos@s alumn@s e as súas familias.
Preme na imaxe para ver uns vídeos sobre como facer unha postal de Nadal.
Se queres descargar o programa Inkscape, co que están feitos os vídeos, fai clic aquí.
Queremos convidarvos a visitar o noso blogue "English and Art no Outeiro". Nel publicaremos todo aquilo que estea relacionado coas materias de Inglés e Plástica, dende celebracións, traballos feitos na clase, actividades de repaso e ampliación e moito máis! Podedes premer na imaxe de abaixo "We love English and Art" ou na sección dereita da páxina web.
Dende a aula de Educación física e música creamos unha nova sección (no lateral dereito) co obxectivo de traballar contidos comúns das dúas asignaturas cun reto semanal de caracter voluntario. Creemos que esta pode ser unha alternativa para os momentos de ocio e aburrimento. Cada luns un reto novo. Se queres podes grabarte e enviarnos o teu reto conseguido ao correo retocoronavirus@ceipouteirodaspenas.com
Seguimos co reto 10, nesta ocasión traemos unha actividade de movemento articular. Pincha na imaxe para ver o vídeo e un pequeno titorial para que aprendades os movementos.
Para ver os vídeos dos retos anteriores conseguidos polo alumnado, preme no vírus da sección lateral dereita ou AQUÍ.
"E velaquí estoutra colaxe que recolle, desta volta, os traballos manuais feitos polo alumnado de 4º, 5º e 6º durante este confinamento e esta desescalada. Agardamos que vos guste".
Guardar
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |