Dende o Anpa Ceip Outeiro das Penas vimos de rematar un proxecto que consiste na colocación, no mobiliario escolar, de pelotas de tenis para reducir o seu impacto acústico.
O obxetivo é lograr un ambiente educativo máis respetuoso e inclusivo.
As pelotas, doadas pola nai dun alumno do centro, foron adaptadas e colocadas polo Anpa do centro.
Estan recoñecidos os múltiples beneficios desta sinxela medida, que mellora o ambiente na aula, a concentración e o rendemento dos alumnos.