RETO CORONAVIRUS 5 - MUIÑEIRA DE CHANTADA DEPORTIVA

Dende a aula de Educación física e música creamos unha nova sección (no lateral dereito) co obxectivo de traballar contidos comúns das dúas asignaturas cun reto semanal de caracter voluntario. Creemos que esta pode ser unha alternativa para os momentos de ocio e aburrimento. Cada luns un reto novo. Se queres podes grabarte e enviarnos o teu reto conseguido ao correo retocoronavirus@ceipouteirodaspenas.com

Seguimos co reto 5, nesta ocasión traemos a muiñeira de Chantada deportiva. Utilizamos esta música para celebrar o día das letras galegas deste ano e concretamente a versión de Carlos Núñez que foi coreografiada polo grupo de danza media punta ao estilo hip hop. Deixo o enlace na descripción do video. Pincha na imaxe para ver o vídeo e un pequeno titorial para que aprendades os movementos.

Para ver os vídeos dos retos anteriores conseguidos polo alumnado, preme no vírus da sección lateral dereita ou AQUÍ.

Powered by Drupal - Design by artinet