VISITA DE MARÍA CANOSA

Hai uns días visitounos na biblioteca María Canosa.  Autora do libro escollido en 1º e 2º  : " O día que choveu do revés". Seguindo coa actividade "4 libros, 4 autores" , María fíxonos un divertido contacontos do libro, e despois asinounos todos os libros. Moitas grazas por vir, e ata a próxima.

 

 

 

ANIVERSARIO ABRIL 2018

Este foi un resumo dos aniversarios de infantil do mes de abril.

 

VISITA DE XAVIER ESTÉVEZ

O luns 30 de abril recibimos a visita do autor Xavier Estévez,autor do libro "Avións de papel" que foi o escollido este ano polas nenas e nenos de 5º e 6º para a actividade "4 libros,4 autores". Durante algo máis dunha hora as nenas e nenos puideron falar co autor sobre o que lles pareceu o libro e mesmo preguntarlle directamente aspectos e dúbidas relacionados co libro e co autor en si.Respondeu a todo moi amablemente. Ao final do acto se lle entregou un marcapáxinas co seu nome gravado,como recordo do seu paso polo cole e ,tras asinar no libro de visitas,  procedeuse á sinatura dos libros .

 

TALLER DE ECOPERCUSIÓN

Hoxe tivemos a sorte de ter connosco a Didier, un mestre cubano de percusión que nos ofreceu unha masterclass sobre ecopercusión co fin de montar unha batucada. A continuación tedes un resumo do que foi o taller e un vídeo co resultado final a modo de exhibición diante de todo o cole. Agardo que vos guste.

 

https://www.youtube.com/watch?v=REuaM5rrPjI
 
https://youtu.be/-o89dZDCeKQ

 

PATIO SONORO EN INFANTIL

O alumnado de infantil tivo estes días unha moi grata sorpresa, xa que no seu patio contan cun pequeno espazo de investigación sonora. Clica na imaxe para ver as fotos do primeiro día.

https://www.youtube.com/watch?v=sXalOZq-97k

 

DÍA DA ÁRBORE 2018

O pasado xoves día 22 de marzo celebramos no cole o día da árbore, pero nesta ocasión a plantación fixémola dentro do recinto escolar. Cada nivel plantou unha árbore e este é un pequeno resumo do que foi o día. Clica na imaxe para ver as fotos.

 

ANIVERSARIO MARZO

Velaí vai un pequeno resumo do que foi o aniversario de marzo dos máis peques.

 

CONCERTO NA ESCOLA

Hoxe tivemos a visita de Odaiko, un grupo de percusión galego que realiza un espectáculo musical dende unha óptica cercana e simpática. Aquí vos deixo un breve resumo do que foi o concerto. Se queredes ver todas as fotos, clicade AQUÍ.

 

https://youtu.be/rwkcrl5dmGk

 

VISITA AO MUSEO DO MAR E PERGAMINO VINDEL

A pasada semana o alumnado de 5º e 6º realizou unha saída para visitar o museo do mar, o seu acuario e tamén o pergamiño Vindel. Clica na imaxe para ver un resumo da visita.

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet