FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO

Dende o día 22 ata o 30 de xuño ábrese o prazo para a formalización de matrícula  do alumnado de novo ingreso.

Poden pasar polo centro en horario de mañán de 9:30h ata 14:00h.

AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023/2024

Publicada a convocatoria do fondo Solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso académico 2023/2024 (ORDE. do 10 de maio,DOG venres 19 de maio do 2023 ).

Prazo de presentación: Do 20 de maio ao 21 de xuño, ámbolos dous inclusive.

Beneficiarios: Alumnado de 1º a 6º de Educación Primaria.

Forma de presentación:

-Electrónica

-Presencial con asistencia da aplicación

-Presencial manual

Documentación:

-Solicitude (en documento adxunto)

-AnexoII (xa incluído na propia solicitude )

-Fotocopia do libro de familia

-De ser o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio onde conste a custodia do menor.

 

ANEXO SOLICITUDE

 

 

ACTIVIDADES STEAM DE 4º, 5º E 6º.

Rematou o curso 2022/23 e chega o momento de facer un pequeno balance do traballado nos cursos de 4º, 5º e 6º no que se refire ao ámbito STEAM (siglas en inglés de ciencia, enxeñería, tecnoloxía, arte e matemáticas) como base do proxecto de polos creativos. Preme nas imaxes para ver os vídeos.

  • Realidade aumentada. Realizamos actividades con realidade aumentada utilizando o programa Quivervision.com dentro dun taller internivel de ámbito STEAM no primeiro trimestre para todo o alumnado do centro en grupos mixtos en idade e xénero ao longo de 10 semanas.

 

 

  • Nos polos tamén traballamos robótica, como os grupos son de idades variadas imos pouco a pouco por iso o alumnado de 4º escolleu o xogo Scottie Go, un xogo físico e interactivo que nos permite programar por bloques titorizados en todo momento.

 

  • Este curso comezamos a traballar cos xogos de mesa e programación de accións e linguaxe computacional en 4º, 5º e 6º como paso previo á programación en programas como scratch… utilizando xogos como o globe twister, mouse manía, robot turtles, scottie go, algoracing…

 

  • Traballamos coa robótica a diferentes niveis utilizando o robot Mbot e diferentes sensores para traballar proxectos STEAM en 5º. Proxecto segue liñas.

 

  • Participamos este curso en Digicraft coa realización de diferentes actividades para 5º e 6º xa que o material que utilizamos é a placa makey makey polo que o proxecto de digicraft se relaciona co de polos creativos ao compartir o mesmo material.

 

  • En 6º tamén utilizamos os lego WeDo para facer diferentes proxectos STEAM de montaxe e programación.

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS

Informamos que TODO o alumnado que realizou o proceso de admisión dentro do prazo ordinario está ADMITIDO.

A listaxe do alumnado está publicada no centro.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS

Informamos que TODO o alumnado que realizou o proceso de admisión dentro do prazo ordinario, está ADMITIDO.

O 16 de maio publicaranse as listaxes definitivas.

OBRADOIRO DE PERCUSIÓN 2023

Aquí tedes un pequeno resumo do que foi o obradoiro de percusión que realizamos no centro este ano. Preme na imaxe para ver o vídeo.

 

 

OBRADOIROS DE PASCUA E MEDIO AMBIENTE

OBRADOIROS DE PASCUA E MEDIO AMBIENTE

XORNADA DE PRESENTACIÓN DA AULA DE POLOS CREATIVOS

Queridas familias.

O vindeiro martes día 14/03/22 pola tarde faremos unha pequena presentación da aula de polos creativos, un espazo de nova creación no centro neste curso 2022/23 arredor do ámbito STEAM. A presentación NON é para o alumnado, soamente para as familias. Para a presentación faremos dúas quendas cunha duración de 75 min aproximadamente en cada unha delas. A primeira quenda será en horario de 16.30h - 17.45h e a segunda quenda de 17.45 a 19.00h. Cada quenda terá unha ocupación máxima de 20 persoas e so poderán participar o pai, a nai ou pai e nai de cada alumno/a. En cada unha das quendas, faremos unha pequena presentación do material e recursos da aula e remataremos cunhas actividades de carácter lúdico utilizando algún material desta aula.

Para poder inscribirse é necesario enviar un correo electrónico a miguelotero@ceipouteirodaspenas.com indicando:

Nome do pai/nai ou dos dous:

Nome e curso do/a alumno/a:

Quenda escollida: 16.30-17.45 ou 17.45-19.00h

A participación será por orde de inscrición ata completar aforo. Se confirmará a asistencia ou non no mesmo correo.

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN

TODO O ALUMNADO DA EEI SAN PEDRO QUE RESERVOU PRAZA NO NOSO CENTRO FOI ADMITIDO.

Powered by Drupal - Design by artinet