COMUNICACIÓN FAMILIAS

 

Estimadas familias:

Informámosvos que no novo protocolo educativo, os casos positivos entre o alumnado menor de 12 anos, non xerarán contactos estreitos na aula. Deste xeito ningunha compañeira ou compañeiro gardará coarentena (salvo casos excepcionais: inmunodepresión..).

O centro enviará unha comunicación a través de ABALAR, informando do caso positivo e recomendando a vixiancia na posible aparición de síntomas, extremar as medidas de  precaución.

Ademais disto, o SERGAS ven de enviar aos centros, un número limitado (25% do alumnado de Educación Primaria) de test rápidos de antíxenos en saliva, para repartilos entre os  contactos (aulas, comedor), e que cumpra estes requisitos:

  • Alumnado de Educación Primaria (6 a 11 anos). 
  • Non atoparse en situación de illamento por ser caso confirmado de COVID-19.
  • Non atoparse en situación de corentena por ser contacto estreito dun caso confirmado.
  • No ter padecido COVID-19 nos tres meses anteriores.

 

 

Para poder repartir o test entre os contactos máis próximos , o caso positivo ten que estar cargado pola CENTRAL DE SEGUIMENTO DE CONTACTOS en EDUCOVID ( a aplicación que rexistra os casos positivos que se dan entre o alumnado e o profesorado do centro). A CSC só pode cargar os casos dos que ten comunicación oficial, é dicir que cando as vosas fillas ou fillos den positivo nun autotest feito na casa, tedes que comunicalo:

  • Chamada telefónica ao 881 54 00 45
  • Cubrir o formulario na web do sergas neste enlace:

      https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID

 

 

A realización destes test é voluntaria e tedes as instrucións de uso no documento

PROTOCOLO PARA A DETECCIÓN DE INFECCIÓN POLO SARS-COVID-2 CON TEST RÁPIDO DE ANTÍXENO EN SALIVA EN CENTROS DE EDUCACIÓN PRIMARIA 

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protocolo_cribado_antixeno_educacion.pdf

pax 6-9

 

Moitas grazas pola vosa colaboración

Powered by Drupal - Design by artinet