Skip to Content

    

 

blogue derociomaril

REMATANDO O CURSO

   Queridas familias:

   A música é extremadamente beneficiosa para os nenos/as, para as súas habilidades de desenvolvemento, conecta o corpo co cerebro permitindo que ambos traballen de xeito armónico polo que mellora as habilidades motoras, sociais, emocionais (que tan importantes foron nesta etapa), intelectuais, de linguaxe, de lectura... en definitiva, cada intre que están conectados coa música aumentamos o desenvolvemento do seu cerebro en toda a súa integridade. 

   Quixera facer unha pequena homenaxe a todas as familias que durante estas duras semanas vos unistedes as miñas propostas musicais enviándome audios, fichas, debuxos e vídeos que así o demostran. Porén, non sempre os pais sabedes/sodes músicos, pero sí estades animando aos vosos fill@s a tocar cada día e, sobre todo, estádelos educando con música, que para min, como docente, é o máis importante. 

   Quero facer un agradecemento a todos, polo voso esforzo e a paciencia, sobre todo aos inicios cando ainda non sabía moi ben cómo artellar este xeito de traballar e de chegar a vós. 

   Infinita gratitude, é o que sinto. 

 

          GRAZAS E ÁNIMO A TODOS!

                                    Rocío Maril

 

 

1ºCURSO          2º CURSO            3ºCURSO           4ºCURSO          5º CURSO           6ºCURSO 

 

SEMANA DA MÚSICA 2024

Queremos compartir con tod@s as actividades que o alumnado realizou durante a Semana da Música.

Moitas grazas a tod@s @s que o fixestes posible.

Foi xenial!

CLUB DE XORNALISTAS

MANDADOS DO MECO 2024

 

O venres será día libre e o alumnado poderá vir disfrazado como queira. 

Recordade que non é unha actividade obrigatoria . A idea é que sexa unha actividade divertida! 

 

Bo Nadal

Distribuir contido


by Dr. Radut