Skip to Content

    

 

blogue deSilvia

LENDAS DO MUNDO

Para celebrar o día do libro, decidimos facer un recopilatorio dunha serie de lendas do mundo. Invitámosvos a que viaxedes con nós a través deste mapa interactivo

Clicade encima dos avións e poderedes ver as diferentes lendas.

UNBOXING. VOL. 1. CÁMARA E ACCIÓN

Queremos compartir con tod@s vós unha nova actividade que inauguramos hoxe na nosa Biblioteca.

Trátase de     unha práctica que está moito de moda nas redes sociais e que empregaremos para explicarvos os xogos que temos na nosa Biblioteca. 

Así, cada certo tempo, o alumnado voluntario será o encargado de explicarvos os elementos e compoñentes dun xogo, as normas de uso e algunha que outra cousiña máis.

Non o dubidedes e dádelle ao "play" para poder desfrutar da primeira entrega.

 

E para premiar o esforzo d@s nos@s protagonistas regaládelle un 

 

 

 

NOVIDADES MES DE XANEIRO

XOGOS E XOGUETES II

 

A continuación poderedes ver máis creacións de XOGOS e XOGUETES que foron chegando nas nosas mochilas viaxeiras ao longo das diferentes semanas.

Podémosvos asegurar que cada un é mellor que o anterior.

Moitas gracias por seguir participando deste xeito. 

Velaquí vos deixamos a MOSTRA.

 

 

 

 

CALENDARIO DE ADVIENTO

Este ano dende Biblioteca e durante o mes de decembro, quixemos sorprender ao noso alumnado cun CALENDARIO DE ADVIENTO. Nel, non só había agochado unha serie de retos  (adiviñas, xeroglíficos, trabalinguas,...) senón tamén unha morea de sorpresas e agasallos para todo aquel que os superaba. 

Con esta actividade quixemos darlle un toque diferente a estas datas tan especiais. 

Velaquí vos deixamos o calendario de adviento deste ano. Agardamos que vos guste.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut