Skip to Content

    

 

Actividades

CONTOS DE MEDO

Como cada ano por Samaín, a Biblioteca converteuse nun espazo moi terrorífico no que puidemos escoitar historias de medo. 

Os/as protagonistas poideron desfrutar moito narrando e escoitando contos de medo de autoría propia. E ata se atreveron a ilustralos! 

 

Se cliHalloween | Imágenes bellas 2cades enriba do título de cada conto, poderedes ver o resultado final.

Agardamos que non pasedes moito medo.

 

INVASIÓN ZOMBI

O COLEXIO ENCANTADO

A NÉBOA DE CRUCES

OS MISTERIOSOS SONS DO DEZA

O BURACO DO INFERNO


DÍA DAS BIBLIOTECAS

O pasado luns, celebrouse o día das BIBLIOTECAS e nós quíxemolo celebrar no recuncho máis especial de todo o colexio. Alí, entre libros, decoracións de medo e a compañía dos nosos/as amigos e amigas tivemos tempo para realizar unha chea de actividades: marcadores, marcapáxinas e incluso puidemos levar a mochila viaxeira para a casa.

A nosa BIBLIOTECA quedou inaugurada e a partir de agora irémosvos mostrando o que nela facemos. Non vos despistedes se non vos queredes perder nada. 

Invitámosvos a que vexades o ben que o pasamos o 24 de outubro. Clicade na imaxe e non perdades detalle!

 

DÍA DO LIBRO

O pasado 26 de abril celebramos o día do libro e nós quixemos festexalo realizando unha actividade moi creativa.

Velaquí vos deixamos o resultado dos nosos "bookface".

 

SEMANA DO LIBRO

Bo día familias!

Aquí vos deixamos unha actividade para celebrar a Semana do Libro.

Animádevos a participar!

XORNAL DE MULLERES DESTACADAS.

Este ano, co gallo da celebración do Día Internacional da Muller (8M) e a Semana da Prensa, decidimos facer unha actividade conxunta cuxo resultado se amosa neste compendio a modo de xornal. Botádelle un ollo: 

Distribuir contido


by Dr. Radut