Skip to Content

    

 

Complementarias

CHAMELEON THEATRE

No noso cole recibimos a visita da compañía de teatro Chameleon, que nos veu presentar en inglés a obra titulada "El sueño pirata de Davey".

Se queredes ver o ben que o pasamos clicade na imaxe.

 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ 2022

Velaquí tedes un vídeo para amosarvos como celebramos este día tan importante no que, ademais de gozar ao ritmo de Uxía Lambona e a Banda Molona coa súa canción "De festa", que fai tributo ao pacifismo, tamén limos un manifesto en prol da paz. Atentxs! Ao final veredes que aparece unha vaca pola paz moi particular!

BIBLIOPATIO

Este mes comezamos cunha nova proposta para dinamizar os recreos e extender a nosa biblioteca ao exterior, perseguindo o obxectivo de que esta parte tan importante do noso colexio se vaia coando pouco a pouco en todos os recantos do mesmo.

Polo tanto, coa intencionalidade de fomentar o gusto/interese pola lectura, púxose en marcha a "BIBLIOPATIO" que consiste en sacar todos os días un carro/caixiña con diferentes propostas de contos, revistas,...para todos/as aqueles/as que desexen desfrutar un ratiño de boas palabras e ilustracións. 

Cada certo tempo, as propostas irán cambiando en función dos intereses do alumnado. Nestas imaxes podedes ver as nosas novas "bibliopatios".

 

    

                                  BIBLIOTECA CEIP GUADALHORCE: Día del Libro 2020

       

 

 

 

 

 

    

 

 

Por outra banda, dicir tamén que as MOCHILAS VIAXEIRAS comezaron a súa andaina. Que sorpresas agochará desta vez?

 

ALGUNA CONSULTA?

PRONTO O DESCUBRIREDES!

FESTA DA CASTAÑA

Despois de tanto tempo agardando, hoxe por fin puidemos levar a cabo a nosa primeira saída. Os nenos e nenas de educación infantil, desprazámonos ata a praza da vila para asistir á festa da castaña. Alí puidemos degustar este fabuloso manxar. Velaquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos. Clicaque na seguinte imaxe para descubrilo.

 

MAGOSTO 2021

Este ano volvemos a celebrar o magosto, iso si, respectando as normas sanitarias vixentes. Pasámolo moi ben e, como proba, aquí vos deixamos un vídeo e unha galería de imaxes á que podedes acceder pinchando enriba do GIF animado: 

 

IMAXES: 

Distribuir contido


by Dr. Radut