Skip to Content

    

 

San Valentín

San Valentín

Xa estamos preparados para celebrar o día de San Valentín coa nosa biblioteca decorada polos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Achégate a visitar a mesa con contos específicos para este día e para ler as mensaxes que escribiron os nenos e nenas.

 

MANDADOS DO MECO 2024

 

O venres será día libre e o alumnado poderá vir disfrazado como queira. 

Recordade que non é unha actividade obrigatoria . A idea é que sexa unha actividade divertida! 

 

DÍA DA PAZ

Boa tarde a todos e todas!

Como xa sabedes, nas últimas dúas semanas fixemos unha recollida de material escolar para facer unha doazón a Cruz Vermella de Lalín. O día 30 contamos coa visita de Manuel Batán, presidente da Asamblea local de Cruz Vermella Lalín; Silvia Vázquez, coordinadora e responsable da oficina de Cruz Vermella de Lalín e con dúas voluntarias, Laura Enriquez e Julia Ferradás.  

As voluntarias explicáronlle ao noso alumnado en que consistía a labor de Cruz Vermella , así como os programas e actividades que levan a cabo. Ao rematar a charla, entregoúselles o material que foi doado polas familias e pola ANPA de Vila de Cruces.

 

Moitas grazas por participar nesta campaña e pola vosa solidaridade.

 

SORTEO CESTA DE NADAL

Boas tardes a todos e todas!

O, venres 19 de xaneiro sobre as 14:45, realizamos o sorteo da cesta de Nadal no cole. O sorteo foi realizado ante: o equipo directivo, un membro da ANPA do cole, os titores e titoras das aulas de 5º e 6º  e do seu alumnado.

A cesta estaba composta por: varios produtos de limpeza, caixas de froita, un xamón, varias botellas de viño, un vale da carnicería... entre outras moitas cousas. 

 

 

O gañador da cesta foi Celestino López Ramos. Moitas felicidades! Esperemos que a disfrute.

Dende o cole queremos agradecer a colaboración a todas aquelas persoas que fixeron posible este sorteo, en concreto a ANPA do noso cole, aos proveedores do comedor e a todas as persoas que participaron na compra das rifas. Sen a vosa colaboración o noso alumando non podería desfrutar da excursión da neve.

Moitas grazas a todos e a todas.

 

 

Lugares segredos do colexio.

Distribuir contido


by Dr. Radut