Skip to Content

    

 

Taller de cómic

Este mes celebramos o taller do cómic na biblioteca escolar coa elaboración dixital de cómics  na aplicación "canva", potenciando a titorización do alumnado de 5º de EP ao de 1º e 2º de EP.  Aquí podedes ver algunha das fotos que fixemos no proceso. Foi unha experiencia moi enriquecedora!

Unboxing

Dúas alumnas de 6º de Educación Primaria A fan o “UNBOXING” dun novo xogo que temos na biblioteca do centro chamado “BINGO LOTTO”.

Animámosvos a vir a xogar con el no voso tempo libre.

 

Telexornal "Éche o que hai"

O 8 de marzo celebramos a semana da prensa coa creación dun telexornal titulado "Éche o que hai".

Nel puidemos descubrir unha morea de noticias de todo o mundo. Atrevimonos a predecir o tempo, a buscar youtubers e curiosidades do mundo, e a informar sobre a temática deportiva entre outras cousas...

Fomos uns auténticos e auténticas xornalistas, agardamos que vos guste moito.

 

8M DÍA DA MULLER

Con motivo do Día da Muller (8 M) o alumnado de Educación Infantil e Primaria elaboramos un mural vertical  con información de mulleres importantes dos distintos continentes. Esperamos que vos guste tanto a vós como a nós. Seguimos avanzando cada día!

    

PLAN DIXITAL FAMILIAR E RESPONSABILIDADE DOS NOSOS ACTOS NA REDE

Nos seguintes arquivos adxuntos podedes consultar:

  • PLAN DIXITAL FAMILIAR: as recomendacións que a Asociación Española de Pediatría nos indica para empregar os dispositivos dixitais de xeito responsable no fogar.

         

 

  • RESPONSABILIDADE DOS E DAS MENORES (E DOS SEUS PAIS E NAIS) POLOS ACTOS COMETIDOS EN INTERNET: Documento da axencia española de protección de datos onde aparacen recollidas as responsabilidades administrativa, penal e civil dos actos dos menores e os seus proxenitores no emprego da rede e difusión dos contidos na mesma.

 

          

Distribuir contido


by Dr. Radut