Skip to Content

    

 

Actividades

Día de Rosalía de Castro


 

San Valentín

San Valentín

Xa estamos preparados para celebrar o día de San Valentín coa nosa biblioteca decorada polos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Achégate a visitar a mesa con contos específicos para este día e para ler as mensaxes que escribiron os nenos e nenas.

 

Día da Paz

Día da Paz

O pasado 30 de xaneiro celebramos o día da Paz coa carreira solidaria, unha canción e un mural do mundo debido a ser a temática deste ano da biblioteca.

Espero que vos guste tanto como a nós.

Taller adornos de nadal

Durante este mes de decembro levouse a cabo na biblioteca o "taller de adornos de nadal".

Podedes ver algunhas das fotos que fixemos na elaboración dos mesmos.

Esperamos que os adornos que fostes levando para as vosas casas, vos gustasen tanto como a nós.

BO NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO!!!

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

O día 3 de decembro foi o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e no noso centro celabrámolo coa visita do CEE A Barcia. Tivimos a sorte de que nos explicasen como traballan no seu cole cos nenos e nenas que asisten ao mesmo, así como ver algunhas das actividades que levan a cabo.

Distribuir contido


by Dr. Radut