Skip to Content

    

 

Animación á lectura

MOCHILAS VIAXEIRAS: XOGOS/XOGUETES CON MATERIAL DE REFUGALLO

Hoxe queremos mostrarvos unha actividade que xa puxemos en marcha fai un tempo. Estamos a falar das mochilas viaxeiras, unha proposta que este ano garda unha sorpresa ben agradable (a creación de xogos e xoguetes con material de refugallo). E como os resultados están a ser impresionantes non queremos perder un segundo máis en mostrarvos todas as creacións que están chegando á nosa Biblioteca. 

Dende o Equipo de Biblioteca, agradecemos enormemente a tremenda implicación de todas as familias. Non sabedes o ben que o pasa o noso alumnado nas horas de lecer! 

Isto só é o comezo. Seguirémosvos ensinando estas obras de arte en vindeiras publicacións. 

 

Velaquí vos deixamos a primeira recopilación dos nosos novos xogos e xoguetes. 

PINCHA AQUÍ PARA VISUALIZALO

 

 

BIBLIOPATIO

Este mes comezamos cunha nova proposta para dinamizar os recreos e extender a nosa biblioteca ao exterior, perseguindo o obxectivo de que esta parte tan importante do noso colexio se vaia coando pouco a pouco en todos os recantos do mesmo.

Polo tanto, coa intencionalidade de fomentar o gusto/interese pola lectura, púxose en marcha a "BIBLIOPATIO" que consiste en sacar todos os días un carro/caixiña con diferentes propostas de contos, revistas,...para todos/as aqueles/as que desexen desfrutar un ratiño de boas palabras e ilustracións. 

Cada certo tempo, as propostas irán cambiando en función dos intereses do alumnado. Nestas imaxes podedes ver as nosas novas "bibliopatios".

 

    

                                  BIBLIOTECA CEIP GUADALHORCE: Día del Libro 2020

       

 

 

 

 

 

    

 

 

Por outra banda, dicir tamén que as MOCHILAS VIAXEIRAS comezaron a súa andaina. Que sorpresas agochará desta vez?

 

ALGUNA CONSULTA?

PRONTO O DESCUBRIREDES!

GRAN LIBRO (DÍA DO LIBRO 2019)


ANTÓN FRAGUAS. 3º CARTEL: MESTRE-PROFESIÓN

Pincha neste link para acceder a un mapa interactivo no que deberás descubrir as cidades e vilas nas que Antón Fraguas exerceu docencia. Acórdate de seguir as instruccións que alí se dan. 

ANTÓN FRAGUAS. 9º CARTEL: IN MEMORIAM

No seguinte arquivo de PDF aparecen as imaxes e códigos postais de lugares que levan o nome do autor homenaxedo. Introduce ditos códigos postais no "google maps" e comproba a que cidade corresponden cada unha das instantáneas.

Distribuir contido


by Dr. Radut