Skip to Content

    

 

Escolares

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O pasado luns, celebrouse o día das BIBLIOTECAS e nós quíxemolo celebrar no recuncho máis especial de todo o colexio. Alí, entre libros, decoracións de medo e a compañía dos nosos/as amigos e amigas tivemos tempo para realizar unha chea de actividades: marcadores, marcapáxinas e incluso puidemos levar a mochila viaxeira para a casa.

A nosa BIBLIOTECA quedou inaugurada e a partir de agora irémosvos mostrando o que nela facemos. Non vos despistedes se non vos queredes perder nada. 

Invitámosvos a que vexades o ben que o pasamos o 24 de outubro. Clicade na imaxe e non perdades detalle!

 

FESTA FIN DE CURSO INFANTIL

E entre música, larpeiradas e xogos, damos por finalizado este curso. Despois de tanto esperar, poidemos abrazarnos, bailar e compartir de novo momentos especiais con TODOS/TODAS os/as compañeiros/as de infantil, sen restricións. Que ganiñas tiñamos de xuntarnos!

Agora toca descansar e desfrutar do verán. 

Boas vacacións!

Vémonos á volta con momentos tan inesquecibles como os de hoxe. 

Mirade, mirade!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut