Skip to Content

    

 

Actividades EDLG

DÍA DA POESÍA

Onte (21 de marzo) para celebrar o DÍA DA POESÍA levamos a cabo unha actividade de apadriñamento lector. O alumnado máis maior apadriñou a un/unha afillad@ ao que lle leu poesías de Xosé Neira Vilas. Cada grupiño escolleu un lugar do patio e alí puideron desfrutar da lectura de varias poesías deste poeta tan coñecido na nosa vila.

Se clicades no vídeo poderedes ver canto desfrutamos.

 

 

SEMANA DA PRENSA CON ECOS DA COMARCA

ROSALÍA DE CASTRO/MULLERES NA CIENCIA

Entroido escolar-XENERAIS DA ULLA

VOLTA O ENTROIDO DOS XENERAIS DA ULLA!

Tras varios anos de parón, neste curso decidimos recuperar o tradicional Entroido dos Xenerais da Ulla. Levarase a cabo o día 10 de Febreiro no Auditorio Xosé Casal e participaremos os tres colexios de Vila de Cruces. Ademais de para achegar ao alumnado ás tradicións da zona, tamén será unha actividade de convivencia entre todo o alumnado do Concello.

Pincha na imaxe para ver a programación detallada das actuacións.              


 

Gañadoras/es do Concurso Literario 2022 "Tralos pasos de F. D. Gurriarán".

Este ano decidimos renderlle tributo a Florencio Manuel Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2022, a través do noso concurso literario anual.

Igual que Gurriarán escribiu poemas dedicados á súa terra, Valdeorras, o alumnado dos cursos superiores escribiu versos sobre Vila de Cruces e a comarca do Deza, mentres que os máis cativos/as puxéronlle títulos e ilustraron as composicións poéticas.

Velaquí as/os gañadoras/es e as súas fermosísimas creacións!

 

A entrega de premios fíxose este mesmo venres e, posteriormente, realizouse unha actuación colectiva coa canción Queremos galego. Mirade, mirade:

Distribuir contido


by Dr. Radut