Skip to Content

    

 

Complementarias

FIN DE CURSO 2016

Excursión ás Rias Baixas

Fai clic na imaxe e verás o resto das fotos

EXCURSIÓN ÁS ILLAS ONS

 

Fai clic nas imaxes e poderás ver todas as fotos que fixemos na excursión.

 

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA 2016

II  CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

BASES DO CONCURSO:

·         TEMA do concurso: a VEXETACIÓN

·         PARTICIPANTES: poderán participar como autores/as das fotografías tódolos nenos/as matriculados en 3º, 4º, 5º e 6º curso de educación primaria deste centro.

 

SÓ SE PODE  PRESENTAR UNHA FOTOGRAFÍA POR ALUMNO/A

 

·         EXCLUSIÓNS:

-          Solo se admitirán fotos realizadas polos nenos/as:o xurado poderá descartar aquelas nas que se aprecie indicios de que foran realizadas por un adulto.

-          Non se admitirán fotomontaxes ou fotografías manipuladas máis alá  do que se considera un revelado dixital convencional (axuste de niveis, cor, enfoque)

-          As imaxes con lemas ou nomes sobreimpresos tamén serán descartadas.

-          Non se admitirán fotos nas que aparezan rostros de persoas.

 

·         FORMATO E PRESENTACIÓN:

-          Formato dixital: un arquivo por concursante, remitido por correo electrónico en formato .jpg á dirección: ticspiedade@gmail.com  

 No Asunto do e-mail deberá figurar “Concurso de fotografía 2016” e no Texto indicaráse claramente : nome,apelidos, curso e o lema (título) da foto, o cal deberá coincidir co nome do arquivo remitido.

-          Traela nun prendrive(pen)/memoria USB e entregarllo á titora.

-          Impresa en papel fotográfico ou nun folio.

 

·         CALENDARIO: só se admitirán fotografías recibidas ata o venres 20 de maio. As fotografías serán expostas na páxina web do centro.

 

·         XURADO: estará integrado por tres persoas entre as que figurará un representante do equipo de Tic´s do centro, un membro do claustro e un membro do persoal non docente do centro.

 

Os membros do xurado recibirán as fotos vía e-mail e valorarán cada una delas de 0 a10 puntos. As fotografías gañadoras serán as que maior puntuación obteñan do resultado da suma das tres valoracións.

 

·         PREMIOS: Haberá tres premios.

 

·         CESIÓN DE  DEREITOS DAS IMAXES: A participación neste concurso supón a cesión por parte dos autores das imaxes e/ou titores legais ao CEIP Nosa Señora da Piedade dos dereitos de uso e exposición para fins divulgativos das actividades realizadas no centro escolar.

                                                                                                            

                                                                    Vila de Cruces, a 11 de febreiro de 2016.

DECORACIÓN DO CENTRO

As aulas do CEIP NOSA SEÑORA DA PIEDADE decoran as súas portas para iniciar o entroido.

Podedes velas no álbum do centro, aquí vos deixamos o enlace para acceder directamente:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnosasenhorapiedade/galeria/thumbnails.php?album=150

 

Distribuir contido


by Dr. Radut