Skip to Content

    

 

Novas de interese

Felicitación de Nadal

   

 

                           

SEGURO PARA OS EQUIPOS EDIXGAL

No arquivo adxunto, deixámosvos a información actualizada do seguro que oferta a Consellería de Educación para os equipos EDIXGAL . Nel atoparedes toda a información das coberturas e as condicións do mesmo.

Reunión de titorías de inicio de curso 23/24

Bo día, familias!

Como todos os anos, imos ter unha reunión de titoría coas familias. Ao longo da mañá recibiredes un abalar coa información das datas e o lugar da reunión.

A continuación podedes ver as horas e datas das reunións de todo o cole.

- 4º Educación Infantil a reunión será o mércores 6 de setembro ás 11:00 da mañá na aula de 3 anos .

- 5º Educación Infantil e 6º Educación Infantil a reunión será o xoves 7 de setembro ás 11:00 da mañá nas aulas correspondentes.

- 1º e 2º de Educación Primaria a reunión será o xoves 7 ás 10:00 da mañá nas aulas correspondentes.

- 3º e 4º de Educación Primaria a reunión será o xoves 7 ás 11:30 da mañá nas aulas correspondentes.

- 5º e 6º de Educación Primaria a reunión será o xoves 7 ás 12:00 da mañá nas aulas correspondentes.

 

Un saúdo.

 

ACTO DE GRADUACIÓN

Queridas familias:

O día 20 de xuño imos a celebrar o Acto de graduación do alumnado de 6º de Educación Infantil e 6º de Educación Primaria. Neste acto están invitados a participar todo o alumnado do CEIP Plurilingüe Nosa Señora da Piedade e as familias de 6º de Infantil e 6º de Primaria. 

Esperámosvos. 

INVITACIÓN CONVIVENCIA ESCOLAR 2023

CONVIVENCIA ESCOLAR 

Temos o gusto de invitar a todas as nosas familias a unha xornada de convivencia que se celebrará o próximo 19 de Xuño.

Aquí vos deixamos a invitación. Non o dubidedes e achegádevos a compartir con nós este día tan especial.

AGARDÁMOSVOS!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut