Skip to Content

    

 

Animación á lectura

BIBLIOPATIO

Este curso seguiremos coa actividade da "BIBLIOPATIO" en Educación Infantil, deste xeito os máis cativos e cativas poderán desfrutar no recreo dos dintintos contos e revistas que terán dispoñibles no carro. Cada mes cambiarán as propostas para que poidan gozar da variedade da que dispoñemos na biblioteca do centro e así achegar a lectura a todos e todas. 

De seguido amosamos as imaxes do noso carro para esta actividade. Esperamos que vos gusten os contos escollidos por Furabolos. 

 

 

 

XOGOS E XOGUETES IV

Aquí vos deixamos os XOGOS e XOGUETES que o noso alumnado foi traendo na mochila viaxeira durante este curso educativo 2022/2023:

 

Noraboa polo voso traballo e dedicación, sen a vosa participación estas actividades e talleres non teñen sentido!!!!!

 

Clicade AQUÍ para ver as propostas do alumando participante.

 

 

                                                                                        

 

                                                                                                          

CONTACONTOS

XOGOS E XOGUETES III

 

Aquí vos deixamos máis XOGOS e XOGUETES que o noso alumnado foi traendo na mochila

viaxeira ao longo das diferentes semanas.

Non deixades de sorprendernos!

Noraboa polo voso traballo, e de novo, moitas gracias pola vosa implicación.

Clicade AQUÍ para ver as novas creacións

 

XOGOS E XOGUETES II

 

A continuación poderedes ver máis creacións de XOGOS e XOGUETES que foron chegando nas nosas mochilas viaxeiras ao longo das diferentes semanas.

Podémosvos asegurar que cada un é mellor que o anterior.

Moitas gracias por seguir participando deste xeito. 

Velaquí vos deixamos a MOSTRA.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut