Actividades

UNHA SOBREMESA MOI SABOROSA

Fai unhas semanas todas as nenas e nenos do cole estivemos no comedor escolar facendo unha saborosísima torta de piña. A profe Carmen e o alumnado de 4º, 5º e 6º ensináronnos a importancia de cada ingrediente, de onde se obtiñan, que vitaminas nos proporcionan... e todo sen glute claro!

Para facela empregamos xelatina, nata de repostería, piña e galletas, mesturamos todo e montámolo nun bol que metemos na neveira para que acadara a temperatura ideal.

Tivemos que agardar ata o día seguinte para poder degustala, pero xa vos decimos que mereceu a pena, estaba riquísima!

VISITA MISTERIOSA...

Esta semana recibimos unha misteriosa visita dun emisario dos Reis Magos, que entregou a todos os nenos e nenas do cole unha mensaxe de parte das Súas Maxestades.

Encantounos a sorpresa !! Grazas ao emisario (ou emisaria?) pola súa visita, e ao Concello por indicarlle o camiño ata o noso cole.

Cal sería a mensaxe ??

 

FELICITAMOS O NADAL AOS NOSOS VECIÑOS DO CENTRO DE DÍA

As nenas e nenos do CEIP As Nogais felicitaron o Nadal aos seus veciños do Centro de Día enviándolles unhas bonitas postais de Nadal que quixeron acompañar dun vídeo para que poidan poñerlles cara.

A comunidade educativa do cole pensamos que o cariño e o respeto aos maiores dalle valor á educación das nosas nenas e nenos.

Deixámosvos aquí o vídeo, esperamos que vos guste!! Ata a próxima!!

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer